Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O Partido Popular defende o sector vitícola como dinamizador do territorio

Imprimir ppou - 11-Abril-2019 - 15:35:14 


• Nun encontro cos presidentes das catro denominacións de orixe do viño da provincia, Ana Vázquez puxo o énfase no papel fundamental desde ámbito, “non só como actividade económica, senón como embaixador da provincia a través dun produto de absoluta calidade e, como retorno, do turismo”.

11, abril, 2019.

O sector da vitícola ten un enorme potencial como dinamizador do territorio, “un ámbito no que o Partido Popular de Ourense está totalmente comprometido polo que supón como xerador de riqueza no rural”, dixo a  número un da lista popular ao Congreso, Ana Vázquez, durante a visita que os candidatos ao Congreso e ao Senado realizaron hoxe a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), onde se reuniron cos presidentes das catro denominacións de orixe do viño da provincia.

  
  
Os candidatos populares tiveron ocasión de coñecer o traballo que está a desenvolver a estación, como centro de referencia do viño en Galicia, tanto por investigación como por innovación e formación. Nun amplo encontro de case que dúas horas, os presidentes das denominacións do Ribeiro, Juan Casares –tamén director do centro-; Monterrei, Lara da Silva; Valdeorras, José Luis García; e Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, expuseron a situación do sector e formularon as principais demandas que, entenden, compre atender para defender e potenciar este ámbito.

Neste sentido, Ana Vázquez puso énfase nos aspectos que converten á viticultura nun sector de primeira orde para a economía ourensá, con 10.300 viticultores, 274 adegas e un movemento económico de case 96,4 millóns de euros. “O papel que está a xogar este ámbito é fundamental como dinamizador do territorio, pero non só como actividade económica, senón como embaixador da provincia a través dun produto de absoluta calidade e, como retorno, do turismo”.

Así se reflicte no programa do Partido Popular, dixo, “que inclúe o agroturismo como unha actividade a potenciar, dentro da súa aposta por xerar novas oportunidades de futuro para o rural”. Ana Vázquez exemplificou ese compromiso no apoio das administración públicas, como os sete millóns de euros en axudas da Xunta de Galicia ou o apoio ás rutas do viño e maila internacionalización por parte da Deputación, este último capítulo con 200.000 euros.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: