Noticias
Blog
MULTITUDINARIA PRESENTACIÓN DOS CANDIDATOS POPULARES ÁS ALCALDÍAS DOS CONCELLOS DAS TERRAS DE CELANOVA
O claustro do Mosteiro de Celanova estaba a tope para escoltar os discursos dos líderes populares no acto de presentación dos candidatos e candidatas ás alcaldías dos dez concellos das terras de Celanova. Abríu as intervencións o concelleiro e ex deputado Maximino Rodríguez que cedeu o uso da palabra a Manuel Baltar, o presidente provincial, quen agradeceu a presenza de todos "onde o mundo se chama Celanova", como o título da obra máis intimista da lírica ferreirá.
Manuel Baltar pedíu a Núñez Feijoo que siga apoiando os proxectos da comarca como esa autovía que conectará a capital da provincia con Celanova en menos de quince minutos, xa en execución, ou o proxecto do Parador que será unha realidade co goberno popular trala victoria nas eleccións xerais. Manuel Baltar presentou aos candidatos elixidos unánimemente polos membros do comité electoral provincial: José Antonio Dapía (A Bola), Carmen Leyte (Cartelle), Antonio Mouriño (Celanova), Pura Rodríguez (Gomesende), Manuel Velo (A Merca), Manuel Pérez (Padrenda), Juan Carlos González (Pontedeva), José Antonio Pérez (Quintela de Leirado), Pilar López (Ramirás) e Juan Antonio Martínez (Verea).
En representación dos candidatos falou Antonio Mouriño, o anfitrión, que fixo un discurso valiente chamando aos concellos a dar un paso adiante para plantexar qué é o que poden facer nunha situación como a actual, ofrecéndose para colaborar en todo o necesario.
Pechou o acto Alberto Núñez Feijóo falando da mágoa que nestas eleccións non teñamos "unha urna para elixir ao presidente do goberno". Fixo fincapé na mala xestión socialista co desemprego e coas facturas sen pagar que atopou cando chegou ao goberno autonómico, sumadas a ese burato que fai que Galicia teña que devolver cincocentos millóns de euros anualmente ao Estado. Feijoo prometeu unha xestión responsable dos concellos polos candidatos populares, que terían como modelo o novo executivo autonómico que preside, caracerizado pola asuteridade e a solvencia.