Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: Sostenibilidade económica das pensións e mellora do poder adquisitivo dos pensionistas, prioridades do PP

Imprimir ppou - 10-Abril-2019 - 11:30:00 


• Os candidatos ao Congreso e ao Senado reuníronse coa Asociación das Viúvas de Ourense para explicarlles as propostas do programa popular en materia de pensións e a necesidade dun pacto de Estado sobre dependencia.

10, abril, 2019.

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado, Ana Vázquez, Celso Delgado, Avelino García, Miguel Ángel Viso e Francisco Fernández, visitaron a Asociación de Viúvas de Ourense, onde mantiveron un encontro coas asociadas para explicarlles as propostas que o PP presenta no seu programa electoral en materia de pensións.

  
  
“O cobro das pensións é un obxectivo absolutamente prioritario -dixo a candidata ao Congreso Ana Vázquez- polo que temos que manter a sostenibilidade económica e financeira do sistema, sen esquecer a mellora do poder adquisitivo dos pensionistas”. Citou neste sentido a Ley de Sostenibilidade das Pensións, “que entre outros aspectos recollería un complemento de ata o 15 % nas pensións das mulleres e garantiría unha suba anual do 0,26 %.

Advertiu Vázquez que “fronte ao goberno de Sánchez, que conxelou as pensións e agora quere baixar as de viudade, co executivo de Rajoy beneficiáronse 3.900 viúvas na provincia de Ourense cunha suba do 16 %”.

Tamén mencionou a candidata outros asuntos de interese para o colectivo, como a necesidade de deseñar unha lei básica de servizos sociais “que teña en conta os dereitos das persoas maiores, pero sobre todo un pacto de Estado que comprometa a todos coa vibilidade da dependencia”.

Ana Vázquez subliñou ante as asistentes a importancia do sistema de pensións de España como o pilar máis importante do Estado do Benestar, que dedica 4 de cada 10 euros ao pagamento de 9,6 millóns de pensións, “convertíndonos nun sistema solidario que nos axuda a situarnos como un dos países da OCDE con menor taxa de riesgo de pobreza entre os maiores de 65 anos, por diante de países como Alemania, Bélxica ou Austria”.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: