Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O Partido Popular aposta no seu programa por converter ao rural nun novo espazo de oportunidades

Imprimir ppou - 09-Abril-2019 - 17:36:56 


• Os candidatos populares presentaron en Trives un documento con máis de 500 propostas “que sen ninguna dúbida van supoñer un apoio de primeira orde para garantir o futuro da nosa provincia”, dixo a número uno da lista ao Congreso, Ana Vázquez.

9, abril, 2019.

O programa electoral do Partido Popular inclúe máis de 50 puntos destinados a converter ao rural nun novo espazo de oportunidades, convertendo este ámbito nunha cuestión de Estado. Este é un dos puntos destacados polos integrantes das candidaturas populares ao Congreso e ao Senado durante a presentación do documento de propostas co que o PP aspira a conseguir a confianza dos votantes nas próximas eleccións xerais do 28 de abril. Unha aposta polo rural, dixo a número uno da lista ao Congreso, Ana Vázquez,  “que sen ninguna dúbida vai supoñer un apoio de primeira orde para garantir o futuro da nosa provincia”.

  
  
En Pobra de Trives e coa presenza dos cabeza de lista populares na comarca ás eleccións municipais de maio, os candidatos presentaron un programa de intencións que inclúe 500 medidas, “froito dun proceso participativo no que durante seis meses se recolleron máis de 3.000 propostas por todo o terrirorio nacional”. O documento divídese en dez bloques, aínda que Ana Vázquez fixo especial énfase en tres eixos “como a revolución fiscal, para que as familias teñan máis diñeiro no seu peto, medidas para impulsar de novo a economía, hoxe en desaceleración, e o fortalecemento da unidade nacional para facer fronte á maior crise territorial nunca vivida en democracia”. 

“Estamos –engadiu- diante dun programa participativo, cheo de oportunidades e que precisa do voto unido para que podamos demostrar, unha vez máis, que o PP é un valor seguro para o futuro deste país”. Un horizonte no que o rural, afirmou, vai ter un protagonismo moi particular con medidas como a redución da renda para as persoas que vivan nestas zonas, bonificacións para empresas, facilidades para a implantación de industrias, incentivos para emprendedores, plans para rehabilitación e construcción de vivenda, banda ancha para conexión a internet e mesmo máis seguridade cunha maior presenza dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Na presentación do programa interviron cada un dos membros da lista ao Congreso e ao Senado para falar de aspectos concretos.

MEDIO RURAL
Miguel Ángel Viso destacou o inéquivoco apoio do Partido Popular ás deputacións “como institucións indispensables para o desenvolvemento do medio rural e da prestación de servizos básicos e esenciais”, destacando o feito de que as institucións provinciais poderán xestionar fondos europeos “o que nos permitirá desenvolver mellor que ninguén a nosa axenda de prioridades”.

As candidaturas ao Congreso e ao Senado, dixo, “están integradas por persoas que coñecemos de primerira man o territorio e as súas potencialidades, por iso estamos en condicións de defender e reforzar a Política Agraria Común, conceptos como a denominación de orixe, que potencian os nosos produtos de calidade e nos identifican como territorio, ou o agroturismo como a vinculación de dous aspectos nos que temos un enorme potencial”.

EDUCACIÓN E EMPREGO
Para Avelino García, a creación de emprego é a principal seña de identidade do Partido Popular, que foi quen de recuperar tres de cada catro empregos perdidos durante a crise. “Estamos ás portas da cuarta revolución industrial e temos que traballar para adaptar a oferta á demanda de cualificacións, anticipándonos ás necesidades das empresas”.

En educación, destacou “o reforzamento das escolas unitarias no rural, como  instrumento básico da igualdade de oportunidades, e garantías para que as familias podan escoller o centro educativo que queren para os seus fillos, o que só pode ocorrer se a educación é gratuíta en todos os niveis”.

No tocante ás pensións, “é prioritario manter o poder adquisitivo dos xubiulados, pero precisamos un sistema sostible e de garantías”.

SANIDADE
Francisco José Fernández destacou que “Galicia ten unha sanidade privilexiada e queda demostrado co programa do Partido Popular, que xa inclúe moitas medidas das que xa gozamos os galegos”.

Baixo a premisa da garantía dunha atención en igualdade de condicións para todos os españois, citou algunhas das propostas como a implantación dunha tarxeta sanitaria única, o testamento vital, os coidados paliativos, a medicina personalizada “e no rural a incorporación dos recursos necesarios e de novas tecnoloxías que eviten desprazamentos innecesarios”.

INFRAESTRUTURAS
Celso Delgado subliñou que o Partido Popular aposta con total compromiso polas infraestruturas que vertebran o territorio e que impulsan a economía, afirmando que a próxima lexislatura será “a que nos permita concluír a conexión de Galicia con Madrid por alta velocidade, para o que imos traballar co fin de que as obras non se deteñan e se cumpran os prazos establecidos”.

A alta velocidade, engadiu, “non só é para os habitantes das grandes cidades, senón que debe ser accesible a todos os veciños da provincia, polo que temos que traballar na mellora das estradas que faciliten o acceso ao AVE”, poñendo como exemplo a estación da Gudiña o servizo que vai prestar ás comarcas de Monterrei ou Valdeorras”.

Aínda citou o candidato outros proxectos de importancia para Ourense que precisan de impulso como a autovía A-76 entre Ourense-Ponferrada, a A-56 de conexión con Lugo, ou circunvalación norte de Ourense, “obras que precisan dunha economía en crecemento como a que garantiu o PP na súa etapa de goberno”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: