Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O Partido Popular priorizará o remate do AVE “que fará de Ourense unha provincia máis competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”

Imprimir ppou - 04-Abril-2019 - 16:06:18 


• Nun encontro sectorial celebrado na Gudiña, os candidatos populares ao Congreso e ao Senado reivindicaron o traballo realizado polo PP de Ourense “que estivo sempre a vangarda do seguimento e pulo a esta infraestrutura, reclamando a través dos seus parlamentarios en Madrid os orzamentos necesarios e saíndo en defensa do AVE cando outros partidos cuestionaron o proxecto”, dixo o número dous ao Congreso, Celso Delgado.

4, abril, 2019.

A cercana posta en funcionamento do tramo Pedralba de la Pradería- Ourense, a execución das obras da estación “Porta de Galicia” na Gudiña, o cumprimento do cronograma previsto para a culminación do resto da liña, a variante exterior, a estación intermodal da capital e a dotación do mellor material móvil para a LAV son os obxectivos que priorizará o Partido Popular de Ourense para o proxecto de construcción da alta velocidade a Galicia, un proxecto de Estado que supuxo o maior investimento en infraestruturas ferroviarias xamais executado.

Este é o compromiso que os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense para as elecccións xerais do 28A fixeron hoxe, durante a visita que realizaron ao Concello da Gudiña, acompañados polo presidente da xunta local do PP, José María Lago.

  
  
En nome dos candidatos, o número dous da lista ao Congreso, Celso Delgado, reivindicou o constante traballo realizado polo Partido Popular de Ourense “que estivo sempre a vangarda do seguimento e pulo a este proxecto, reclamando a través dos seus parlamentarios en Madrid os orzamentos necesarios para a súa execución, saíndo en defensa do AVE cando outros partidos cuestionaron o proxecto, como os nacionalistas cataláns de ERC e PdeCat, Ciudadanos ou mesmo nalgún caso as Mareas de Podemos”.

Un compromiso que tamén foi decisivo por parte do goberno de Mariano Rajoy e moi especialmente da ministra de Fomento, Ana Pastor, así como o do seu sucesor Íñigo de la Serna, “impulsando a liña do AVE a Galicia nas súas diferentes fases de estudo, proxecto, tramitación ambiental, licitación e execución”.

Como consecuencia dese compromiso, lembrou Celso Delgado, en poucos meses a viaxe de Ourense a Madrid reducirase das 4 horas e 22 minutos actuáis a 3 horas e media, “unha vez rematen as probas no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería e que conceda a correspondente autorización a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria”.

Na procura de máis avances na LAV Madrid-Galicia, os candidatos populares comprometéronse a impulsar as obras no seguinte tramo, entre Pedralba de la Pradería e Ourense, “de tal xeito que se poda cumprir o cronograma para a súa entrada en servizo”.

Desde o Congreso e mailo Senado, os representes do Partido Popular seguirán de preto a licitación das obras da variante exterior de Ourense (Taboadela-Túnel de Rante-Seixalbo-Ourense) “xa que o ramal que hoxe se constrúe entre Taboadela e Ourense ten un carácter provisional”, advertiu Delgado, que non esqueceu os compromisos adquiridos para a estación intermodal de Ourense nas súas diferentes fases.

Un labor de seguimento que non se limita só ás obras, destacou o  candidato, “pois queremos un AVE de máxima calidade para os usuarios, polo que demandaremos a RENFE que os novos trens Avril de ancho variable presten servizo nesta liña, asegurando así a conexión entre Ourense e Madrid nun tempo de 2 horas y 15 minutos.” Finalizou afirmando que o remate das obras do AVE  “fará de Ourense unha provincia máis competitiva e con maior desenvolvemento económico e social”.
 
A GUDIÑA, PORTA DE GALICIA
Os candidatos do Partido Popular escolleron A Gudiña para este encontro por se tratar da primeira estación da liña do AVE na comunidade e na provincia. As obras de execución de “Porta de Galicia”, como así se denominarán estas instalacións, foron adxudicadas recentemente e están chamadas a ter un papel protagonista nas comarcas de Monterrei, Viana, Valdeorras e mesmo o norte de Portugal.

  
  
O presidente da xunta local do PP e alcalde da Gudiña, José María Lago, agradeceu o compromiso público dos candidatos, aos que recoñeceu o seu traballo a prol dunha infraestrutura da que queren aproveitar todas as vantaxes que lles ofrece. “Na actualidade hai preto de 22.000 viaxeiros ao ano que collen o AVE na nosa estación, pero seguro que esta cifra seguirá crecendo e non podemos perder esta oportunidade”.

Así, pediu apoio aos candidatos para mellorar as conexións co norte de Portugal, “onde hai 250.000 potenciais usuarios do AVE”, comprometéndose pola súa banda “a tentar que os peregrinos comecen aquí o seu percorrido pola Vía da Prata, ofrecéndolles ademais outras experiencias como visitas aos espazos naturais que nos rodean”. O ámbito económico tamén se verá favorecido, “pois temos unha vintena de establecementos hosteleiros e hoteleiros que ofrecen todos os servizos necesarios”.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: