Noticias
Blog
ANTONIO PÉREZ, PRESENTADO COMO CANDIDATO POPULAR Á ALCALDÍA DE XINZO DE LIMIA
Nunha ateigada Casa de Cultura, con máis de seiscentos asistentes, Antonio Pérez, actual alcalde, recibíu o apoio das direccións provincial e autonómica do PP como candidato á alcaldía de Xinzo. Manuel Baltar falou da súa xuventude e da súa experiencia, das boas mostras de bo goberno que xa está poñendo en valor dende a alcaldía, e dos proxectos de futuro cos que conta para Xinzo de Limia. Antonio Pérez, tamén presidente local da nosa forza política, agradeceu o apoio da militancia e da dirección do partido, comprometéndose a seguir gobernando "coas portas abertas" e facendo unha "política de proximidade" xunto cos componentes da candidatura que estará preparada para gobernar "dende o minuto seguinte ao da toma de posesión".
Finalmente Alberto Núñez Feijóo falou das capacidades de Antonio e da súa ilusión e gañas de traballar por Xinzo, afirmando que "a única alternativa posible ao fracaso dos bipartitos é apostar polo proxecto popular: estable, sólido, coherente e rigoroso".