Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Elías Rodríguez optará a un novo mandato para impulsar a dinamización turística en Rubiá

Imprimir ppou - 21-Marzo-2019 - 13:57:13 


• Para o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, “esta proposta obterá unha vez máis sen dúbida o apoio da veciñanza, que ten no candidato e no seu equipo o aval da reivindicación permanente dos intereses do concello”.

21, marzo, 2019.

  
  
Elías Rodríguez Núñez (Rubiá, 1965) buscará de novo a confianza maioritaria da veciñanza de Rubiá cun proxecto de mandato “no que a dinamización turística, pensada ademais en clave de comarca, será un dos puntos fortes do noso programa”. Unha proposta que para o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, “obterá unha vez máis sen dúbida o apoio dos habitantes de Rubiá, que teñen no candidato e no seu equipo o aval da reivindicación permanente dos intereses do concello”.  

Cunha traxectoria de vinte anos na corporación local, dezaseis deles como alcalde, Elías Rodríguez defende o traballo realizado en todo este tempo para o progreso do Concello de Rubiá, ao que chegou por considerar “que había moitas necesidades que non estaban cubertas, polo que decidimos presentar un novo proxecto que ilusionase á xente”.
 
Infraestruturas, acondicionamento das estradas municipais, obras urxentes nos núcleos de poboación, a mellora dos servizos sociais e un área empresarial son algúns dos logros que destaca o candidato, “aínda que a principal demanda que había por parte da veciñanza, xa no primeiro mandato, era a construción dunha residencia da terceira idade, que pronto conseguimos”.

A continua mellora de servizos básicos e sociais ou a recuperación de bosque autóctono para potenciar a produción de castaña están na axenda de Rodríguez cara un novo mandato, aínda que subliña dúas actuacións que entende prioritarias. Por unha banda a rehabilitación de vivenda, “que xa iniciamos hai tempo con fondos propios pero que estamos a continuar coa reforma dun novo inmbole”.

En segundo lugar, a dinamización turística “pero  pensando en clave comarcal, porque  recursos hai moitos e se os traballamos de xeito conxunto faremos máis forza”. Refírese o candidato, no caso de Rubía, ao parque da Serra da Lastra, un espazo a promocionar que complementaría cunha oferta de aloxamento turístico e divulgación dos recursos arqueolóxicos”.

Un programa ambicioso que para o presidente provincial, Manuel Baltar, “demostra por que a veciñanza de Rubiá confiou a súa maioría a Elías Rodríguez e ao seu equipo, á súa experiencia, ao seu saber facer as cousas e á súa capacidade para resolver”. O traballo constante e o carácter dialogante, pero reivindicativo, son, para Baltar, “características básicas para estar á fronte dunha alcaldía e o noso candidato así o demostrou nestes anos”.

O presidente provincial popular engadiu que Rodríguez representa a continuidade do proxecto político do PP, “que non se limita ao papel, senón que desde a planificación vaise ampliando con todo tipo de propostas de interese que podan xurdir, sempre tendo en conta a necesaria colaboración das administracións”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: