Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Patricia Torres, nova candidata popular en Boborás para “construír un concello en clave de futuro”

Imprimir ppou - 19-Marzo-2019 - 18:14:15 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, agradeceu á candidata que se puxera a disposición do partido “aproveitando a súa ampla experiencia no equipo de Caamaño, que culmina una etapa de goberno exitosa, sempre revalidando maiorías absolutas”

19, marzo, 2019.

  
  
Ana Patricia Torres Madureira (Caracas, 1984) será a nova cabeza de lista da candidatura que o Partido Popular presentará en Boborás, reto que afronta “como un mandato no que a veciñanza sexa a protagonista e participe na construción dun concello en clave futuro”. Torres toma o relevo de Cipriano Caamaño, alcalde desde 1991 “e que culmina una etapa de goberno exitosa, sempre revalidando maiorías absolutas”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que  tamén agradeceu á candidata que se puxera a disposición do partido aproveitando a súa ampla experiencia no equipo de Caamaño”.

Patricia Torres forma parte do goberno de Boborás desde 2011, asumindo, entre outras, as competencias de cultura e turismo, onde procurou a recuperación de diferentes tradicións, a posta en valor do patrimonio ou a festa da Batalla, sen deixar de citar outras responsabilidades no ámbito social como o servizo de conciliación ou a construción do edificio sociocultural.

Torres afirma estar moi ilusionada e agradecida “porque teño a oportunidade de levar a cabo un proxecto moi ambicioso para Boborás, con proxecto e un equipo cheo de gañas por traballar”. Como declaración de intencións, a candidata asegura que loitará “pola construción de novas infraestruturas que melloren a calidade de vidas dos veciños e daqueles que veñan no futuro, humanizando cada vez máis os pobos e conseguindo que Boborás non só sexa un referente turístico, senón tamén pola recuperación do seu patrimonio social e cultural”.
A candidatura de Patricia Torres “foi unha decisión tomada por unanimidade porque Patricia nos superou a todos en interese, xestión e traballo”, asegurou pola súa banda Cipriano Caamaño, para quen Boborás ten na candidata “a unha persoa con todas as garantías de servizo, formada e cunha gran sensibilidade cara o patrimonio e a cultura”. O propio Caamaño explicou que decidiu dar un paso ao lado “porque vexo que hai xente comprometida e competente, polo que creo que debo dar o relevo, agradecendo aos meus veciños todo o cariño demostrado e o apoio maioritario en cada mandato". 

Tamén o presidente provincial, Manuel Baltar, quixo agradecer “o traballo, o compromiso e a lealdade demostrada en todo este tempo por Cipriano Caamaño”, unha etapa, insistiu, “marcada sempre pola confianza dos veciños con maiorías absolutas en todos os comicios nos que se presentou e noutras convocatorias electorais”.

Agora, declarou, “ábrese unha nova etapa con Patricia Torres, que ten experiencia dabondo de goberno, con especial vocación pola cultura, por poñer en valor o importante significado que ten Boborás en ámbitos como o turismo ou mesmo o termal”. Para Manuel Baltar, a candidata sabe que o seu concello “está chamado a xogar un importante papel na comarca, pero aínda máis na provincia, por iso saudamos e agradecemos que puxera a disposición do partido a súa experiencia e iniciativa”.


Suscíbete:
Redes Sociales: