Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Pedro Yáñez quere rematar “coa indeferenza do goberno” liderando o proxecto popular en Manzaneda

Imprimir ppou - 17-Marzo-2019 - 22:08:04 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou o compromiso do candidato co proxecto popular desde hai tempo, subliñando que “representa a un movemento de xente nova que quere situar a Manzaneda onde se merece”. 

18, marzo, 2019.

  
  
Pedro Yáñez Salgado (Manzaneda, 1984) será o novo cabeza de lista da candidatura que o Partido Popular presentará en Manzaneda, ás eleccións locais de maio, co propósito de “sentar as bases para crear un concello prós-pero, lonxe da indiferenza do goberno actual”. O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou o compromiso do candidato co proxecto popular desde hai tempo, subliñando que “representa a un movemento de xente nova que quere situar a Manzaneda onde se merece”.

Sempre con inquedanza pola política municipal, Pedro Yáñez decidiu dar este paso “polo apego a miña terra e porque quero unha Manzaneda para todos, con indepedencia de que sigan as túas ideas ou non”. A súa declaración de intencións é unha resposta “ao máis absoluto abandono que estamos a sufrir por parte dos dirixentes municipais, que nestes catro anos mesmo nin chegaron a facer obras nalgúns pobos do concello”. Yáñez amósase moi crítico coa xestión do goberno local, que cualifica de inexplicable “cando temos un orzamento de preto de dous millóns de euros que non se reflicten para nada na vida diaria dos veciños, nin tan siquera nalgúns pobos onde non fixo ninguna obra neste tempo”.

Máis preocupación ten pola falta de apoio ao rural, “por moito que este goberno diga que son os seus grandes defensores”. Nos concellos da contorna “estamos a ver como se puxeron en marcha varias explotacións gandeiras, pero en Manzaneda non porque non se apoia o sector primario”. Insiste o candidato nesta cuestión ao subliñar que “somos o único concello que ten 4.000 hectáreas de monte comunal sen aproveitar e mal coidados”

Poñer en valor estes terreos, axudar á creación de novas explotacións, prestar o máximo apoio ao campo ou potenciar os productos da zona son algunhas das cuestións que Pedro Yáñez considera urxentes. Non obstante, entre as prioridades segue a citar unha antiga reivindicación como é a mellora dos accesos, “fundamentais para calquera proxecto que queramos desenvolver”. Refírese en particular á estrada de Viana do Bolo a Trives, “única vía de comunicación que temos para conectar coa comarca”. 

O proxecto do candidato non se esquece do turismo, “xa que tamén nós temos que saber aproveitar o tirón da estación de Montaña á que lle damos o nome”. Resúltalle incomprensible que haxa máis infraestrutura e servizos en concellos máis alonxados da estación, “polo que compre favorecer a iniciativa privada e desde o concello facer unha oferta atractiva para os visitantes”.

Desde a dirección provincial, Manuel Baltar amosou a súa satisfacción por contar no proxecto popular “cunha persona nova, que non deixa de demostrar que cre en Manzaneda e que grazas á súa formación, especializado no sector primario, coñece ben o potencial do concello neste ámbito, como tamen no turismo e a necesidade de aproveitar as vantaxes da estación de montaña”.

Manuel Baltar tamén recoñeceu como fundamental a mellora das comunica-cións, afirmando que o candidato contará con todo o apoio para conseguir avanzar nesta cuestión, “como tamén estamos convencidos de que saberá crear una gran candidatura para abrir unha nova etapa no concello, na que os veciños vexan feitos e non teñan que vivir de contos”.


Suscíbete:
Redes Sociales: