Noticias
Blog
APERTURA DA OFICINA DO CANDIDATO NA CIDADE DE OURENSE COA ASISTENCIA DE NÚÑEZ FEIJÓO
O segundo andar do número 23 da Rúa do Paseo é xa un novo punto de encontro para continuar na andaina cara a recuperación do goberno local na cidade das Burgas. A oficina do candidato convertirase no centro de operacións de Rosendo Fernández e os populares ourensáns para devolverlle a dignidade á cidade logo destes anos de bipartito inoperante, despilfarrador e falto de proxectos.
A rúa do Paseo e a oficina do candidato foron testemuñas dunha grande movilización popular arroupando as intervencións de Manuel Baltar, Rosendo Fernández e Alberto Núñez Feijóo. Os tres puxeron de manifesto o traballo que queda por diante para liberar a Ourense dun bipartito que non ten futuro, un experimento fracasado, e a tarefa de falar con tódolos ourensáns para facerlles ver que só hai unha alternativa de goberno: a liderada por Rosendo Fernández na cidade. As reunións coas asociacións veciñais, os encontros sectoriais, os talleres de ideas, a xuntanza de traballo cos 290 interventores nas eleccións municipais..., son pasos contundentes de Rosendo Fernández, un candidato, o vindeiro alcalde de Ourense, que convertirá o emprego nun eixo estratégico das súas prioridades de goberno.