Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: José María Lago opta na Gudiña a un segundo mandato “para aproveitar todas as vantaxes que nos ofrece o AVE”

Imprimir ppou - 14-Marzo-2019 - 14:22:51 


• Un momento destacado na historia deste territorio, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “no que o candidato será quen de establecer as sinerxias necesarias entre a mellora das comunicacións e o progreso social e económico”.

14, marzo, 2019.

  
  
José María Lago Cabo (A Gudiña, 1973) optará a un segundo mandato na Gudiña que estará marcado, nun futuro moi próximo, pola chegada da alta velocidade ao seu concello “e no que imos aproveitar todas as vantaxes que nos ofrecerá o AVE”. Un momento destacado na historia deste territorio, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “no que o candidato será quen de establecer as sinerxias necesarias entre a mellora das comunicacións e o progreso social e económico”.

José María Lago encabezará por primeira vez a lista popular, aínda que está á fronte da alcaldía desde 2016. O seu lema de traballo é “A Gudiña ten futuro”, baseando boa parte dese horizonte no AVE e na recente noticia da adxudicación das obras de construción da estación. “Agora son preto de 22.000 viaxeiros ao ano que collen este tren no concello, pero seguro que esta cifra seguirá a medrar e temos que aproveitalo”.

O obxectivo é único, pero engloba diversos ámbitos de actuación. “Temos que mellorar as conexións co norte de Portugal, onde hai 250.000 potenciais usuarios do AVE e, como porta de Galicia, tentaremos que os peregrinos comecen aquí o seu percorrido pola Vía da Prata, ofrecéndolles ademais outras experiencias como visitas aos espazos naturais que nos rodean”. O ámbito económico tamén se verá favorecido, “pois temos unha vintena de establecementos hosteleiros e hoteleiros que ofrecen todos os servizos necesarios”.

Lembrou que o concello loitou con moita intensidade por esta nova estación, agradecendo o traballo e o apoio recibido desde a Deputación, a Xunta, os deputados no Congreso e senadores, así como o goberno do PP que foi quen licitou este proxecto.

Pero non todo se reduce ao AVE. O candidato tamén repasou outros logros como o aumento dos servizos de atención sociocomunitaria, o punto de atención ao maior que nunha segunda fase será unha residencia, a mellora de infraestruturas básicas ou a reforma da rúa Maior como trazado da Vía da Prata, “pero tamén estamos a pensar nunha actuación de rehabilitación no casco vello para ofrecer vivenda protexida”.

CONCELLO DE REFERENCIA NA PROVINCIA E GALICIA
O presidente provincial, Manuel Baltar, tamén destacou o importante momento que está a vivir A Gudiña coa próxima chegada do AVE e a nova estación, “o que converterá a este concello nun dos lugares de referencia da provincia e como entrada a Galicia”. José María Lago, dixo, “demostrou neste tempo estar perfectamente preparado para xestionar unha etapa destas características e ofrecer á veciñanza un futuro prometedor”.

Para Baltar, o candidato soubo conxugar este importante avance nas comunicacións co traballo noutros ámbitos esenciais como o apoio ao sector gandeiro ou a recuperación de soutos para impulsar a produción de castaña”.

Manuel Baltar expresou a súa satisfacción e a do Partido Popular “polo paso dado por José María Lago, que saberá demostrar que somos a única formación que pensa en clave local e de provincia para ofrecer os mellores tempos para A Gudiña e o candidato será un dos seus protagonistas”.




Suscíbete:
Redes Sociales: