Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP pedirá o apoio do pleno para que o Parlamento galego institúa o 17 de agosto como “Día da Galicia Mártir”

Imprimir ppou - 13-Marzo-2019 - 17:12:30 


• A moción do grupo popular, que recolle a iniciativa anunciada polo presidente da Deputación provincial, pide tamén á Cámara galega que cumpra cunha proposición non de lei aprobada en 2006 para homenaxear a Alexandre Bóveda e todos os mártires galegos.
 
Ourense, 13 de marzo de 2019.- O grupo popular na Deputación de Ourense rexistrou esta mañá unha moción na que se recolle a iniciativa anunciada polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, para que o 17 de agosto sexa declarado como “Día da Galicia Mártir”. A proposta pide ao Parlamento galego que institúa esta data en memoria e homenaxe de todos aqueles galegos “que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e do pobo galego, plasmados no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936”.

O presidente provincial, a proposta da Fundación Bóveda, anunciou a presentación desta iniciativa o pasado 7 de marzo durante a inauguración, na biblioteca do Pazo Provincial, da exposición “Castelao e Prada, Irmaus!”, que mostra por primeira vez en Ourense a obra icónica do galeguismo, realizada por Castelao, “A derradeira leición do mestre”.

Nun detallado texto que recolle a historia da Galicia Mártir, a moción lembra que xa no ano 1942, no Centro Ourensán de Bos Aires e a instancias de Castelao e Rodolfo Prada, xunto co resto dos membros da Irmandade Galega, declarouse a citada data, o 17 de agosto, como “Día dos Mártires Galegos”, escollendo a figura de Alexandre Bóveda que logo quedaría plasmada no cadro de Castelao. 

A proposta de homenaxe que agora fai o grupo popular, para trasladar ao Parlamento de Galicia, “non se debe cinguir ao momento das mortes”, apunta o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, “senón que debemos entendelo tamén como un recoñecemento á lealdade e fidelidade co compromiso político polo país, exemplificado en Bóveda”.

Manuel Doval tamén lembrou que en 2001, a Deputación de Ourense nomeou a Alexandre Bóveda fillo predilecto da provincia de Ourense, destacando “o seu compromiso coas ideas de progreso e de modernización de Galicia, un poco con identidade propia e cunha cultura e lingua de seu”. Unha homenaxe que se repetiría o 17 de agosto de 2015, con motivo do 79 cabodano.

O deputado de Cultura subliña, ademais, que esta moción tamén ten por obxectivo que o Parlamento galego dea cumprimento a unha proposición non de lei aprobadapor unanimidade a finais de 2006, “na que se demandaba o recoñecemento a Bóveda e todos os mátires galegos”.
A iniciativa compleméntase, ademais, co compromiso de promover desde o ámbito institucional a celebración de actos protocolarios da citada rehabilitación pública e política.


Suscíbete:
Redes Sociales: