Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: María del Carmen González aspira a unha nova maioría para o mellor de Carballeda de Valdeorras, “o seu capital humano”

Imprimir ppou - 13-Marzo-2019 - 12:31:44 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, expresou o seu agradecemento á candidata por se poñer unha vez máis a disposición do partido, ofrecendo o seu talante colaborador e unha visión política “que vai máis aló do concello e da comarca, como o demostran os seus proxectos”.

13, xuño, 2019.

  
  
María del Carmen González Quintela (Carballeda de Valdeorras, 1955) aspira a unha nova maioría en Carballeda de Valdeorras encabezando a lista popular “para seguir a traballar por un único proxecto que é o concello e o mellor que ten, que é o seu capital humano”. Esta procura constante do mellor para Carballeda, pero tamén para a comarca e a provincia, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, “fai que a decisión do partido de confiarlle de novo o liderado da lista popular sexa todo un acerto”.

Xa desde a mocidade, María del Carmen González tiña unha clara idea do que precisaba o seu concello. Logo de 28 anos como alcaldesa, afirma sentirse orgullosa do realizado, “que non tiña outro obxectivo que facilitar a calidade de vida á veciñanza, con especial atención ao medio e o ámbito económico”. Refírese a candidata á produción de lousa, pola condición de Carballeda como líder mundial. “Para nós era primordial equilibrar a extracción de lousa coa protección do medio e coa vida diaria dos habitantes, que nun gran número viven do seu traballo neste sector”. 

Con estes propósitos cumpridos, afirma, “neste mandato que case rematamos chegou o momento de centrarse noutras iniciativas máis relacionadas coas actividades de ocio e tempo libre”. Así, destaca, está a piques de finalizar un complexo de piscinas que combina as clásicas instalacións con outras naturais e que, pola súa novidade, esperamos capte a atención non só da xente de Valdeorras senón tamén do Bierzo”.

Cara un próximo mandato asegura querer “dar a batalla polo medio, con especial atención á recuperación do patrimonio natural, e contra o feísmo urbanístico coa eliminación de casas en ruínas e abandoadas “que ademais de contribuír a crear unha paisaxe pantasma e nada atraínte tamén son un foco de perigro para as persoas”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, expresou entre tanto o seu agradecemento á candidata por se poñer unha vez máis a disposición do partido, ofrecendo o seu talante colaborador coas administracións e unha visión política “que vai máis aló do concello e da comarca, como así o demostra o novidoso complexo de piscinas que ven de citar”.

O citado proxecto máis os seus plans para a mellora do medio, dixo Baltar, “son o mellor exemplo da ilusión e a forza coa que María del Carmen  González encara un novo mandato que alumeará importantes infraestruturas”.

O presidente provincial subliñou que á vista está “o progreso social, económico, de infraestruturas e equipamentos que experimentou Carballeda en todo este tempo, razóns máis que suficiente para contar sempre coa confianza maioritaria dos seus veciños e os excelentes resultados obtidos en cada proceso electoral”.


Suscíbete:
Redes Sociales: