Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Ramón Barreal encabezara de novo a lista popular en Laza pensando no turismo como “motor do territorio”

Imprimir ppou - 12-Marzo-2019 - 12:51:00 


• O candidato “fixo nestes dous mandatos un extraordinario labor demostrando que se pode transformar o rural para convertelo nun lugar atractivo onde vivir, o que sen dúbida  será recompensado coa confianza dos seus”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar

12, marzo, 2019.

  
  
José Ramón Barreal Novo (A Estrada, 1964) será unha vez máis o número uno da lista que o Partido Popular presentará no Concello de Laza, onde xa está a pensar en novos proxectos que, fundamentalmente, “xirarán en torno ao turismo como motor do territorio”. Un labor no que xa comezou a dar sólidos pasos, destacou o presidente provincial, Manuel Baltar, “demostrando desde hai tempo que lidera un equipo de confianza, que sabe traballar e que seguro se traducirá no apoio maioritario dos seus veciños en maio”.

Nos seus tempos como estudiante, José Ramón Barreal xa vivía a política coa paixón suficiente como para que lle invitasen a participar activamente na vida municipal, o que faría durante dezaseis anos como tenente alcalde “para axudar a transformar o municipio”. En 2011 chegaría á alcaldía “coa sorte de ter a meirande parte das infraestruturas básicas resoltas e poder centrarme máis en servizos que en obras, para que a xente reciba unha atención de calidade como en calquera lugar”. Ahí están, por exemplo, o ámbito das emerxencias, o servizo de axuda no fogar, a casa do maior ou, como proxecto, un centro residencial “cun novo sistema que ofreza ao maior un entorno moi similiar ao que sempre tivo”.

Non obstante, o candidato incide na súa aposta polo turismo en todas as súas vertentes, pública e privada, “porque a administración tampouco pode ser o motor de todo”. Ideas non faltan “como o complexo do Bosque Máxico, o apoio a dous proxectos hoteleiros privados ou a aldea rural das Eiras”.

O obxectivo final é consolidar o turismo como dinamizador do concello “tanto en experiencias culturais como o Entroido, naturais, deportivas ou de ocio, xa que afortunadamente temos un amplo territorio que linda co parque do Invernadoiro ou Manzaneda, por exemplo, adaptándonos ademais ás novas tendencias e demandas do turista”.

Todo iso será posible, engadiu José Ramón Barreal, grazas tamén a unha seria xestión “que nos vai levar a conseguir neste mes a débeda cero, o que nos permitirá pensar en máis proxectos”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, esta aposta do candidato polo turismo define a súa capacidade “para formular innovadoras iniciativas baseadas nas potencialidades do concello, como o feito de que Laza sexa enlace coa Gudiña, a través do Camino de Santiago, coa Vía da Prata, sen esquecer que o AVE será un punto de inflexión moi importante, tanto para recibir visitantes como para posibles investimentos”.

Todo un referente no ámbito da protección civil, lembrou Baltar, o candidato “fixo nestes dous mandatos á fronte do concello un extraordinario labor demostrando que se pode transformar o rural para convertelo nun lugar atractivo onde vivir, o que sen dúbida  será recompensado coa confianza dos seus e cun magnífico resultado o próximo maio”.

 

Suscíbete:
Redes Sociales: