Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Juan Carlos Rodríguez asume o liderado da lista Popular de Ramirás na procura de “máis progreso e estabilidade”

Imprimir ppou - 11-Marzo-2019 - 12:47:12 


• O candidato, que demostrou a súa capacidade de diálogo e pacto, “acertou ao aceptar o número uno da lista e o PP non erra apoiando a súa designación, xa que estamos seguros de que obterá a confianza maioría da veciñanza para un novo mandato”, dixo pola súa banda o presdente provincial, Manuel Baltar.

11, marzo, 2019.

  
  
Juan Carlos Rodríguez Matías (Gomesende, 1969) asume o liderado da lista na candidatura que o Partido Popular presentará en Ramirás, buscando unha nova etapa de goberno que represente “máis progreso e maior estabilidade” para o seu concello. Dous obxectivos que o presidente provincial, Manuel Baltar, non dubida que conseguirá “logo dun mandato en minoría no que foi quen de demostrar unha gran capacidade de diálogo e de pacto para garantir os mellores servizos á veciñanza”.

No seu primeiro mandato como alcalde, Juan Carlos Rodríguez puxo en práctica a súa ampla traxectoria na política municipal, con dezaseis anos de experiencia dos que doce foron como tenente alcalde. “Tiña un bo contacto cos veciños e o meu sentido de servizo fixo que me implicase de cheo na vida local ata encabezar a lista do PP en 2015,  decisión na que influíu moito a anterior alcaldesa”.

Destes catro anos na alcaldía, “sempre dialogando e buscando acordos coas outras forzas políticas da corporación”, Rodríguez Matías destaca como principais logros a mellora das estradas, en particular a travesía da capitalidade, a posta en marcha do transporte municipal ou a adquisición de maquinaria para a prevención e extinción de incendios. Non faltan tampouco referencias aos servizos sociais, “que penso están ben cubertos, cunha residencia para maiores e un nivel de asistencia que ofrece boas prestacións”.

Estes últimos servizos, subliña o candidato, “prestámolos a través da mancomunidade, que creo firmemente que é o xeito de traballar para o noso futuro, por iso estamos xa a pensar nunha piscina municipal que estaría ubicada na capitalidade da comarca ou un sistema de transporte intermunicipal”

En clave local, entre os proxectos cara un novo mandato cita o remate da estrada máis importante para o concello, que comunica Ramirás con Cartelle, executada en máis do 60 %, ou o afianzamento de poboación “ofrecendo cinco vivendas, xa adquiridas, e que agora rehabilitaremos”.

Juan Carlos Rodríguez “acertou na súa decisión de aceptar o número uno da lista en Ramirás e o PP non erra apoiando a súa designación, xa que estamos seguros de que obterá a confianza maioría da veciñanza para un novo mandato caracterizado pola estabilidade”, dixo pola súa banda o presdente provincial, Manuel Baltar.

En todo este tempo, subliñou Baltar,  o candidato demostrou as súas capacidades para gobernar,  mesmo en minoría, sacando adiante  proxectos  para un concello que coñece á perfección pola súa gran experiencia na administración local“. 

Rodríguez “é un dos alcaldes máis dinámicos da provincia e vai seguir tendo a oportunidade de demostralo, liderando unha candidatura que treará máis progreso a Ramirás”, concluíu o presidente provincial.


Suscíbete:
Redes Sociales: