Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Antonio Feijoó aspira a un cuarto mandato en Baltar para seguir traballando “coa axuda dos veciños”

Imprimir ppou - 10-Marzo-2019 - 13:22:51 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, subliñou a positiva actitude do candidato, “fonte de proxectos que nunca se esgota, que contaxia e dinamiza á poboación, polo que desde a dirección do PP estamos seguros que volverá a ter a confianza dos seus”.

10, marzo, 2019.

  
  
José Antonio Feijoó Alonso (Baltar, 1951) encabezará a lista que o Partido Popular presentará en Baltar nas próximas eleccións locais, “para seguir traballando polo concello con toda a ilusión e a imprescindible axuda da veciñanza”. Unha positiva actitude, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “que contaxia e dinamiza á poboación, polo que desde a dirección do PP estamos seguros que volverá a ter a confianza dos seus”.

Cunha dilatada experiencia na política municipal que se remonta á súa mocidade, José Antonio Feijoó aspira a un cuarto mandato á fronte do goberno local de Baltar, onde chegou hai doce anos  “nunhas eleccións nas que gañamos contra todo prognóstico a outros catro partidos, incrementando a maioría nos seguintes dous mandatos”.

Feijoó, consciente de que “un alcalde debe ser o máis humilde dos veciños, porque sin eles non seríamos nada”, repasa o tempo transcorrido desde entón e afirma que as maiorías obtidas “axudáronnos a traballar con moita ilusión para dotar dos mellores servizos á poboación”, sinalando que malia aos anos de crise foron quen de reformar a Casa da Cultura e a Casa do Concello, construír o pavillón deportivo, as piscinas, urbanizar prazas públicas e acondicionar vías de comunicación, destacando entre elas a travesía de Baltar.

Agora, di o candidato, “é tempo de seguir a devolver a confianza dos nosos completando e renovando servizos, dinamizando o concello con máis actividades culturais e humanizando máis prazas para que ningún pobo se quede sen un lugar público axeitado”. Con todo, engade como obxectivos prioritarios unha residencia para a terceira idade, rematar o acondicionamento dos accesos á área de parapente, “referente deportivo na provincia e Galicia”,e un área industrial coa que crear emprego “que estaría moi ben situada, preto da fronteira con Portugal e da autovía”.

O espírito positivo co que José Antonio Feijoó e o seu equipo afrontan este novo reto “é toda unha garantía para obter unha victoria electoral máis”, dixo entre tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, que non deixou pasar a ocasión de lembrar a súa bagaxe política “como alcalde que foi tamén do Concello de Xinzo e a súa condición de deputado provincial”.

O candidato, sinalou Manuel Baltar, é unha fonte de proxectos que nunca se esgota, como así se reflicte nas propostas que presentará aos seus veciños cara un próximo mandato, que exercerá coa mesma ilusión que a primeira vez que chegou á política local”.



















(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: