Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Seaone presenta a súa candidatura para seguir desenvolvendo o proxecto popular na Peroxa

Imprimir ppou - 08-Marzo-2019 - 11:53:45 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “o candidato fixo da ambición o seu lema de traballo e grazas a elo soubo converter en realidades a súas ideas, razón pola que en todos estes anos ven de gozar do apoio maioritario dos veciños”.

8, marzo, 2019.

  
  
Manuel Seoane Rodríguez (A Peroxa, 1954) buscará unha nova maioría para o PP encabezando a lista que a formación popular ourensá presentará ás eleccións municipais do 26 de maio, con dous obxectivos ben definidos como son a concentración de terras e a política de vivenda. Dez mandatos, aspirando ao número once, destacou o presidente provincial, Manuel Baltar, “que falan moito e moi ben dun político que conta co apoio da veciñanza por saber transformar a súa ambición en realidades para o concello”.

Manuel Seaone chegou á política municipal en 1979 e, desde aquela, xa como alcalde dun concello “que como moitos carecía dos servizos máis básicos, tanto en comunicacións como en infraestruturas, mesmo sen electrificación rural en moitas zonas ou pobos sen pavimentación”.

O cambio que experimentou A Peroxa en todo este tempo “foi enorme e hoxe non hai lugar ás comparacións, pois temos todos os servizos e redes básicas que poden necesitar os veciños”. Un punto de partida importante para manter a poboación e que, afirma, completamos cunha ampla política social coa construción de 77 vivendas de protección oficial e outras sete máis en proxecto”.

Cara un próximo mandato, Manuel Seoane seguirá a loitar contra un dos principais obstáculos para o desenvolvemento do concello, como é o minifundismo. “Levo moitos anos traballando pola concentración de terras para acabar coas dificultades que atopan as explotacións agrícolas, gandeiras e forestais que queren implantarse no noso territorio e vexo que o actual conselleiro de Medio Rural, como ourensán, é moi sensible a este tema”. 
Na presentación do candidato, o presidente provincial popular, Manuel Baltar, valorou de xeito especial o esforzo realizado por Manuel Seoane para manter as principais infraestruturas dun concello con 14 parroquias, 143 núcleos de poboación, máis de 200 quilómetros de redes de auga e 120 de pistas municipais. Un traballo “que require dun gran dose de capacidade para colaborar coas administracións, como a que amosa o candidato”.

Para Baltar, “Seoane fixo da ambición o seu lema de traballo e grazas a elo soubo converter en realidades a súas ideas, razón pola que en todos estes anos ven de gozar do apoio maioritario dos veciños”. 

Agora, dixo, “vai liderar unha nova candidatura para o PP que estamos seguros será a gañadora porque irá acompañada do proxecto que diseñará a persoa que mellor coñece o seu concello”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: