Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Luis Valladares aspira a un novo mandato “do benestar e do emprego” en San Cristovo de Cea

Imprimir ppou - 06-Marzo-2019 - 12:38:25 


• Manuel Baltar agradeceu o paso adiante dado polo candidato “nun momento político de máxima visibilidade e coa responsabilidade que supón traballar por un concello que ten, como poucos, unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica e un sector agroalimentario puxante”. 

6, marzo, 2019.

  
  
José Luis Valladares Fernández (San Cristovo de Cea, 1946) encabezará a lista que o Partido Popular presentará en San Cristovo de Cea para as municipais de maio, aspirando a un novo mandato que o candidato cualifica como “o do benestar e o da creación de emprego”, especialmente este último apartado logo da posta en marcha do parque empresarial. Un proxecto, sinalou o presidente provincial, Manuel Baltar, que reafirma “a credibilidade dun político, sempre co apoio maioritario dos seus, que foi quen de poñer todo o seu empeño en converter esta infraestrutura nunha realidade”. 

Alcalde desde 1991 e cunha longa experiencia municipal anterior como concelleiro, José Luis Valladares debuxa rápidamente a evolución do seu concello en todos estes anos, destacando a dotación de infraestruturas básicas para os 86 núcleos de poboación, a construcción do edificio multiusos, as piscinas, o pavillón deportivo, o tanatorio municipal ou os locais veciñais en case todas as parroquias.

Na actualidade, e xunto co acondicionamento de todas as pistas do concello, o candidato destaca a prestación de servizos sociais como a axuda a domicilio, con todas as solicitudes prácticamente atendidas, e a previsión de seguir a formar persoal para ampliar a cobertura do servizo.

Unha ampla e variada actividade, tanto no que se refire á xestión do concello como para a veciñanza, “que sería impensable se non houbese traballo e nesas estamos, tratando de impulsar a creación de emprego”, subliña Valladares, facendo mención así ao parque empresarial promovido desde o propio concello e que, coa axuda das administracións, “hoxe é unha realidade con dúas empresas xa instaladas e outras que amosaron o seu interese por desenvolver aquí a súa actividade”.

Todas estas, engade, “son razóns máis que suficientes para pedirlle aos meus veciños que sigan a confiar na miña candidatura e do meu equipo para que fagamos da próxima etapa o mandato do benestar e do emprego”.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, non dubida que José Luis Valladares obteña de novo unha ampla maioría “porque os seus logros e os do seu equipo, tanto como alcalde como pola súa experiencia anterior de concelleiro, son garantía de éxito”. Durante este tempo, dixo Baltar, “foi quen de converter en realidade iniciativas que non só tiñan que ver con  infraestruturas, senón tamén cos ámbitos social, cultural e deportivo”.

Manuel Baltar agradeceu o paso adiante dado polo candidato “nun momento político de máxima visibilidade e coa responsabilidade que supón traballar por un concello que ten, como poucos, unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica como Oseira, e un sector agroalimentario puxante, representado no pan de Cea”.

A veciñanza, declarou por último, “ve en Valladares a unha persoa de moita confianza, na que recoñecen lealdade, traballo e compromiso, neste momento con novas forzas culminar importantes infraestrutras como o parque empresarial, no que puxo todo o seu empeño”.


Suscíbete:
Redes Sociales: