Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Carlos Gómez Blanco repite como cabeza de lista popular en Xunqueira de Espadanedo

Imprimir ppou - 01-Marzo-2019 - 13:05:22 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, o candidato “fai da lealdade unha actitude vital, primeiro cos seus veciños e Xunqueira de Espadanedo, pero  tamén co proxecto de provincia que propón o Partido Popular, que nace e se desenvolve coa única vocación de defender os intereses xerais dos ourensáns”.

1, marzo, 2019.

  
  
Carlos Gómez Blanco (Xunqueira de Espadanedo, 1958) será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Xunqueira de Espadanedo, aspirando a renovar a maioría absoluta conseguida nas municipais de 2015 e coa intención, nun próximo mandato, de dar pulo aos servizos sociais e ás oportunidades que poderían xurdir coa declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Dúas liñas de traballo que precisarán do apoio do resto das administración, colaboración que para o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “está garantida porque o candidato é unha persoa que fai do respecto e a cooperación institucional unha das súas principais características”.

Carlos Gómez chegou á alcaldía a finais de 2011, repetindo con maioría absoluta no actual mandato. Daquela, xa en plena crise, a prioridade estaba no ámbito económico, lembrou Gómez, “polo que tiñamos que seguir a facer unha xestión moi eficiente cos escasos recursos que había”.  O esforzo deu resultado, asegurou, “e hoxe estamos nuns niveis mínimos de débeda”.

Gómez Blanco repasa estes case oito anos de mandato citando os plans de eficiencia para o alumeado público, o uso doutras enerxías como a fotovoltaica, o máis que aceptable estado das infraestruturas ou a mellora de accesos aos 20 núcleos que integran as catro parroquias do municipio, así como tamén ás explotacións gandeiras que supoñen unha das principais actividades económicas.

Todos estes servizos precisan de mantemento e melloras que sempre requerirán a atención do concello, puntualiza o candidato, “pero o noso principal obxectivo será incrementar a cobertura dos servizos sociais, con dúas casas do maior e unha residencia para a terceira idade”. Unha previsión á que se engadirá o pulo á explotación dos recursos turísticos de Espadanedo, como o mosteiro de Santa María ou o museo de alfarería, tendo en conta a candidatura da Ribeira Sacra –de cuxo consorcio forma parte o concello- a Patrimonio da Humanidade.

“Seguiremos traballando para mellorar e progresar –asegura Gómez Blanco-, coas portas abertas do concello para prestar toda a axuda que se necesite, pero tamén para todos aqueles que teñan ideas que achegar”.

Unha chamada á participación da veciñanza que foi destacada polo presidente provincial popular, Manuel Baltar, para quen este xeito de entender a vida municipal “di moito dunha persoa enormemente válida para traballar en equipo, como así o demostrou neste tempo no concello como tamén no partido, do que preside a xunta local”.

Para o presidente provincial, Carlos Gómez “fai da lealdade unha actitude vital, primeiro sendo leal aos seus veciños e a Xunqueira de Espadanedo, pero  tamén a un proxecto de provincia como o que propón o Partido Popular, que nace e se desenvolve coa única vocación de defender os intereses xerais dos ourensáns”. Manuel Baltar afirma estar seguro que o candidato referendará a confianza das súas xentes, “non só polo traballo feito, senón ademais polo seu talante conciliador e aberto e o seu saber para asumir responsabilidades”.


Suscíbete:
Redes Sociales: