Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Plácido Álvarez loitará por un novo mandato en Muíños como referente de turismo interior e políticas sociais

Imprimir ppou - 28-Febreiro-2019 - 11:25:47 



• O presidente provincial, Manuel Baltar, lobou “a constante actitude de reivindicación dun dos alcaldes con maior apoio na provincia, pensando sempre en crave local, de comarca e de provincia á hora de imaxinar e formular ideas e proxectos”.

28, febreiro, 2019.

  
  
Plácido Álvarez Dobaño (Muíños, 1958) optará a revalidar unha nova maioría absoluta nas eleccións locais de maio liderando a candidatura que o Partido Popular presentará en Muíños, concello do que fala con orgullo á hora de cualificalo como “referente de turismo interior e políticas sociais”. Dous ámbitos, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que serven como exemplo para definir “a constante actitude de reivindicación dun dos alcaldes con maior apoio na provincia, pensando sempre en crave local, de comarca e de provincia”.

Tras vinte e oito anos na corporación de Muíños, vinte e catro deles como rexedor, Álvarez Dobaño afirma que “o concello experimentou unha evolución constante en infraestruturas, de tal xeito que os 38 núcleos de poboación teñen un nivel medio-alto en servizos básicos”. Non obstante, os maiores logros que destaca están relacionados co turismo e os servizos sociais.

“Conseguimos situar a Muíños no mapa do turismo interior de Galicia, cun dos mellores complexos deportivos e de ocio da provincia e da comunidade ou máis dun cento de quilómetros de sendeiros e rutas BTT, aproveitando tamén á área natural do Xurés”. Polo que respecta aos servizos sociais, asegura, “somos un concello pioneiro, cunha residencia e centro de día, que en breve terá vinte prazas máis, así como un amplo servizo de axuda no fogar, o comedor sobre rodas ou o centro de información á muller”.
“Todo isto esíxenos un esforzo moi importante de mantemento e de mellora que continuaremos nun próximo mandato, como tamén faremos un gran labor para seguir a mellorar a calidade das augas, ámbito no que reivindicaremos melloras progresivas nos encoros das Conchas e Salas”, anuncia Álvarez.

Para o candidato, defensor da comarcalización, “compre polo noso futuro e eficiencia dos recursos coordinar servizos cos concellos da contorna, o que xa vimos de facer nalgúns ámbitos e mesmo con actividades e festexos populares para non coincidir”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “falar de Plácido Álvarez é sinónimo de seguridade, de garantía de traballo, de compromiso e de rigor, cualidades fundamentais que ten amosado todos estes anos  como alcalde de Muíños e na súa condición de portavoz do goberno provincial”.

O candidato, dixo, “amosou sempre unha incansable capacidade de traballo, pero sobre todo para imaxinar, planificar e plantexar proxectos, ao que sen dúbida tamén lle axuda esa visión da vida local que lle aporta o seu labor como secretario municipal”. 

Todo isto, engadaiu Baltar “convirte a Álvarez nun dos alcaldes con maior apoio da provincia, ata o punto de que no mandato de 2011 foi quen de conseguir todos os concelleiros da corporación”.


Suscíbete:
Redes Sociales: