Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Yolanda Jácome incorpórase ao proxecto municipalista do Partido Popular en Parada do Sil

Imprimir ppou - 26-Febreiro-2019 - 19:30:36 


• O PP felicítase pola chegada da candidata, dixo o presidente provincial da formación, Manuel Baltar, “pero quen realmente gaña é Parada do Sil, que é o motivo fundamental polo que ela decidiu participar activamente na política local e iso é un valor seguro de compromiso e traballo”.

26, febreiro, 2019.

  
  
Yolanda Jácome Rodríguez (Parada do Sil, 1981) incorporouse hoxe ao proxecto de concello e de provincia que o Partido Popular presentará ás elección locais de maio, asumindo o liderado da candidatura popular en Parada do Sil. Un novo reto que Jácome Rodríguez  acepta coa vista posta nos beneficios futuros que reportará ao concello á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. O PP felicítase pola chegada de Yolanda Jácome, dixo o presidente provincial da formación, Manuel Baltar, “pero quen realmente gaña é Parada do Sil, que é o motivo fundamental polo que a candidata decidiu participar activamente na política local e iso é un valor seguro de compromiso e traballo”.

Yolanda Jácome ten perfectamente claros os eixos do seu programa de intencións para un próximo mandato municipal: poboación, economía baseada no aproveitamento do campo e do monte e, sobre todo, o turismo. “Somos un concello que supera por pouco os cincocentos habitantes e fixar poboación ten que ser a nosa máxima priorididade –afirmou- facilitando vivenda, axudando a agricultores e gandeiros e buscando o apoio das administracións para fomentar a industria agroforestal e insistir na produción de castaña”.

Un concello pequeno, di a candidata, “pero chamado a xogar o principal papel no futuro da Ribeira Sacra, porque Parada do Sil é o referente, o eixo e o corazón deste incríble paraxe natural e patrimonial”. Coa máxima atención nesta futura declaración, Yolanda Jácome está xa a pensar nunha sustancial mellora das infraestruturas e das comunicacións, “posto que temos que ofrecer a turistas e visitantes os servizos que precisan e esperan”.
 
Unha distinción de tal magnitude para a Ribeira Sacra “é a mellor das oportunidades que se nos poden presentar aos veciños de Parada, como xente emprendedora que sempre fomos, que apostamos fortemente polo noso concello e que o seguiremos a facer”.


O PERFIL POLÍTICO E PERSOAL QUE BUSCA O PP

A incorporación da candidata ao proxecto do Partido Popular foi cualificada polo presidente provincial, Manuel Baltar, como unha magnífica noticia “primeiro pola súa experiencia xa como alcaldesa, porque sinte, vive, cre e contribúe a que Parada do Sil sexa dinámica”. Un perfil político e persoal “que buscamos sempre e que para a nosa formación é fundamental”.

Ademais de compromiso co seu concello, Manuel Baltar destacou “a claridade de ideas que ten a candidata e que se reflicte no equipo que quere ter ao seu lado, con persoas novas, comprometidas e gañas de traballar, que saiban trasladar aos seus unha mensaxe de futuro como xente emprendedora que son e que apostou fortemente por Parada do Sil”.

O Partido Popular, engadiu Baltar, “é a formación que máis pode facer por Parada e por iso leva a quen mellor pode representar e xestionar o futuro deste concello, sempre desde a reivindicación e da procura da colaboración institucional”.


Suscíbete:
Redes Sociales: