Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Pérez ponse a disposición do Partido Popular para lograr unha nova maioría en Padrenda

Imprimir ppou - 25-Febreiro-2019 - 17:35:58 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, dixo que “as palabras traballo e compromiso fan alianza na candidatura de Manuel Pérez, “por iso  confiamos en que a veciñanza volva a darlle o seu apoio e ter a oportunidade de ir rematando os seus proxectos”.

25, febreiro, 2019.

  
  
Manuel Pérez Pereira (Padrenda, 1954) tentará unha nova maioría absoluta en Padrenda poñéndose á fronte da candidatura que o Partido Popular presentará neste concello para as municipais de maio, defendendo unha intensa xestión “na que sempre estivemos a traballar, houbese ou non eleccións, porque os veciños e a súa calidade de vida non dependen das urnas”. O presidente provincial, Manuel Baltar, dixo precisamente que “as palabras traballo e compromiso fan alianza na candidatura de Manuel Pérez, “por iso  confiamos en que a veciñanza volva a darlle o seu apoio e ter a oportunidade de ir rematando os seus proxectos”.

Manuel Pérez opta en Padrenda a un oitavo mandato, disposto a seguir mellorando o concello e dar cumprida conta dos seus compromisos, “como así o fixen desde que en 1991 cheguei á alcaldía”. Hoxe, e malia os sacrificios que supón unha responsabilidade deste tipo, o candidato afirma sentirse “tan ilusionado como o primeiro día, porque tamén as satisfaccións, cando revolves calquera problema ou rematas un proxecto, siguen sendo enormes”.

Como todos os pequenos concellos do rural, a diminución de habitantes, o envellecemento e a dispersión da poboación son os grandes problemas que precisan da máxima atención e requiren moitos recursos. “Só en infraestruuras básicas e servizos fixemos un grandísimo esforzo; cando chegamos ao concello só había dous pobos con saneamento e abastecemento e hoxe podo dicir con orgullo  que xa alcanzamos o 80 % do territorio”.  Aínda queda moito por facer, recoñece, “pero estou seguro que co noso traballo e a colaboración das administración imos conseguilo”.

O obxectivo máis importante cara un próximo mandato “e a residencia da terceira idade, un compromiso que adquirín cos meus veciños e que desexo ver cumprido, non só polo servizo que prestará aos nosos maiores, senón polo emprego que conseguriremos crear”. Un reto ao que Manuel Pérez engade o plan urbanístico, xa en marcha, e que lle gustaría ver rematado para impulsar o desenvolvemento de moitos máis proxectos nas sete parroquias de Padrenda.

Manuel Pérez, destacou pola súa banda o presidente provincial do PP, Manuel Baltar “é o primeiro veciño de Padrenda, a primeira persoa que pensa nos intreses dos seus veciños, o que lle convirte nunha garantía para o progreso do concello, tal e como ocorreu nos 28 anos que ven de estar á fronte da alcaldía cos seus equipos”.

O candidato, apuntou Baltar, ten a capacidade de conectar cos veciños, sempre accesible e, sobre todo, con ilusión permanente, “razón máis que de peso para ser a candidatura que máis confianza pode suscitar”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: