Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PSOE entra en “modo campaña” coa mentira, a demagoxia e un descarado oportunismo político

Imprimir ppou - 25-Febreiro-2019 - 17:34:04 


• O portavoz popular, Plácido Álvarez Dobaño, afirmou que a petición dunha sesión extraordinaria “é moi difícil de xustificar cando se traen ao pleno temas que carecen de urxencia e cuestións que só afectan a un partido en descomposición na provincia”.

Ourense, 25 de febreiro de 2019.- “Os socialistas veñen de entrar en <modo campaña> coa mentira, a demogoxia e un descarado oportunismo político para agochar a súa falta de credibilidade diante dos seus e da opinión pública”. Así valorou o portavoz do grupo provincial popular, Plácido Álvarez Dobaño, a petición realizada esta mañá polo PSOE para celebrar un pleno extraordinario na Deputación provincial. Unha solicitude, subliñou, “moi difícil de xustificar cando se traen ao pleno temas que carecen de urxencia e cuestións que só afectan a un partido en descomposición na provincia”.

Álvarez Dobaño foi moi crítico coa petición dun pleno extraordinario para tratar unha moción que “máis aló de discrepancias sobre o tempo e forma do seu rexistro, carece de toda urxencia e só ten como finalidade ir contra un ex presidente desta Deputación e dun apelido, o que fala ven ás claras da máis absoluta falta de proxecto político por parte do PSOE”.

Dobaño expresou o seu máis absoluto rexeitamento ás declaracións da portavoz socialista, Elvira Lama, cando di que se está a negar o debate nos plenos da corporación provincial. “Está claro que a única urxencia que vemos é a autopromoción que se ve obrigada a facer a deputada pola proximidade do remate do actual  mandato”. Unha meritaxe, dixo, para a que non dubida en recurrir á mentira, “pois en comisión invitouse ao grupo socialista a presentar a súa moción no próximo pleno de marzo”.

O grupo socialista, engadiu, “estase especializando en espectáculos ás portas da Deputación para disfrazar a súa incapacidade de facer un traballo político serio, rigoroso e planificado, cando todos os grupos políticos temos a obriga de coñecer, por sentido da responsabilidade, o regulamento orgánico desta Deputación e os prazos establecidos para a desenvolver a súa actividade”.

Plácido Álvarez aínda foi máis crítico á hora de valorar a petición dos socialistas para tratar un tema “que só lles afecta a eles como formación política, que evidencia a descomposición do partido na provincia e mesmo no grupo provincial, con tres portavoces nun mandato e agora cun deputado menos”. O que deberían preguntarse, puntualizou, “é por que se vai a xente do PSOE e ser máis coherentes, xa que si non contan con determinadas persoas, estas serán totalmente libres para decidir o seu futuro nun próximo mandato, non neste”.

Con todo, concluíu Dobaño, o goberno popular si traballa con celeridade e total respecto á oposición ao convocar na mesma mañá e para o día 6 o pleno extraordinario solicitado.


Suscíbete:
Redes Sociales: