Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Antonio Pérez defenderá de novo o proxecto popular en Quintela de Leirado

Imprimir ppou - 22-Febreiro-2019 - 23:02:44 


• O xeito de entender a xestión local, mirando tamén aos concellos limítrofes,“converteu ao candidato nun eficaz alcalde e presidente da mancomunidade Terras de Celanova desde hai moitos anos”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.

24, febreiro, 2019.

  
  
José Antonio Pérez Cortés (Quintela de Leirado, 1947) voltará a encabezar a lista que o Partido Popular presentará ás próximas eleccións de maio en Quintela de Leirado, coa vista posta “nun dos proxectos máis importantes que pode ter calquera concello, como é manter a poboación”.  Na presentación do candidato, o presidente provincial, Manuel Baltar, incidiu neste aspecto, cualificando a José Antonio Pérez como “unha persoa sumamente identificada coas cuestión sociais”. 

Pérez Cortés é a día de hoxe un dos alcaldes da provincia con máis experiencia á fronte dun concello. Máis de corenta anos que lle levan a lembrar “como foron cambiando as cousas, desde cando apenas había nada a todos os servizos e infraestruturas que executamos e puxemos en marcha”. Un traballo que lle enche de satisfacción “aínda que sempre haberá cousas por facer”. Na actualidade, di o candidato, “conseguimos situar ao concello onde cremos que debería estar, con máis e mellores servizos para a veciñanza e contando sempre coa colaboración das administracións provincial e autonómica”. 

Non obstante, a prioridade que ten o candidato e o seu equipo é manter a poboación e procurar a incorporación de xente moza. Con este fin “puxemos en marcha unha bolsa de aluguer de vivenda e cara un próximo mandato estamos a preparar un programa de recuperación de vivendas nos pobos, tamén destinadas o aluguer”.

Aínda hai outros proxectos, “como o edificio multiusos que acollerá un auditorio, o ximnasio, o museo da emigración a Guinea e locais para as asociacións veciñais e culturais”, sen esquecer a mellora das vías de comunicación, de xeito especial a estrada que une os dous núcleos de poboación máis grandes do concello, Quintela e Leirado.

Sempre con maiorías absolutas, José Antonio Pérez “conta co apoio da veciñanza porque en todo este tempo viron que tiñan un equipo sólido e ao que lle gusta traballar polos seus”, dixo pola súa banda o presidente provincial do PP, Manuel Baltar. Quintela de Leirado, afirmou, “non podía levar a ningún candidato mellor, pola súa humildade e cercanía aos veciños, que tamén poden presumir de ter un dos mellores alcaldes, identificado plenamente coas necesidades sociais, con ofrecer alternativas culturais e impulsar ámbitos como o turismo, aproveitando a súa proximidade a Celanova”.

Este xeito de entender a xestión local, mirando tamén aos concellos limítrofes, “é o que convirte á Pérez nun eficaz presidente da mancomunidade Terras de Celanova desde hai moitos anos”, engadiu Baltar, que destacou ademais a súa capacidade “para presentar do xeito más adecuado ás administracións os proxectos para o concello e a comarca”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: