Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Luciano Rivero presenta un proxecto “de concello e comarca” para optar a un novo mandato en Cualedro

Imprimir ppou - 22-Febreiro-2019 - 22:55:42 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, o candidato ten dous avais, como “ser unha persoa de absoluta confianza para as súas xentes e ter un don especial para formar equipo e visualizar o proxecto dun grupo de persoas que cre en Cualedro”.

23, febreiro, 2019.

  
  
Luciano Rivero Cuquejo (Cualedro, 1975) volverá a presentar a súa candidatura polo Partido Popular á alcaldía de Cualedro cun proxecto “de concello, no que a calidade de vida dos veciños está por riba de todo, pero tamén de comarca para que se beneficien da cooperación con outros concellos na prestación de servizos”.  Sempre con maiorías absolutas e mellorando resultados, Rivero “é unha persoa de absoluta confianza para as súas xentes, e iso é un gran aval para Cualedro”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar. 

Luciano Rivero, logo de doce anos na alcaldía, cualifica esta responsabilidade como vocacional e asegura que “aínda teño moito que aportar para defender os intereses da miña xente”. No repaso aos logros alcanzados nos últimos anos, destaca a residencia da terceira idade, “que supuxo máis atención aos maiores e máis postos de traballo”, así como unha casa niño que facilita a conciliación da vida familiar e laboral. Obxectivos alcanzados aos que se engaden as necesarias melloras de infraestruturas e servizos ou os axeitados accesos ás explotacións gandeiras. 

Para un novo mandato, Rivero xa está a pensar “nun parque empresarial, adecuado á realidade do concello, no que se instalen as nosas empresas e aquelas que vexan esta ubicación, ao pé da autovía, como unha boa opción”. A posta en valor dos terreos tamén será outro obxectivo, “estando xa en conversas coa Consellería de Medio Rural para desenvolver proxectos nos centos de hectáreas de concentración parcelaria que están sen actividade”, ademais de seguir a loitar para que se inclúan na denominación Monterrei as zonas de produción de uva do concello. Unhas piscinas municipais e a eficiencia enerxética do alumeado público tamén figuran no plan de xestión. 

Máis aló do ámbito ocal, Luciano Rivero está convencido dos múltiples beneficios que ten a colaboración cos outros concellos da comarca. “Na era da globalización temos que cooperar, como xa estamos a facer compartindo servizos con Monterrei e Laza, ademais de deseñar proxectos en conxunto”. Así, “partindo do castelo de Monterrei como emblema da comarca, cada un de nós faría as súas aportacións no ámbito turístico con o castro de Saceda de Cualedro, o bosque máxico de Laza ou os lagares de Oímbra, por citar algún exemplos”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou entre tanto o carácter traballador do candidato e do seu equipo, “que foron quen de conseguir a débeda cero e contribuír así a afrontar novos proxectos. Baltar tamén subliñou a súa disposición á colaboración, tanto no ámbito político como no institucional, “o que demostrou durante a súa etapa como deputado provincial”.

Para o presidente provincial, Luciano Rivero soubo dotar ao concello das infraestruturas que merece a veciñanza, “sempre co ánimo de solucionar calquera problema e facendo apostas en firme no ámbito social, compromisos que para un próximo mandato vai levar pola vía cultural, deportiva e turística”. Non dubida Baltar que así o logrará, pois o candidato “ten un don especial para formar equipo, para delegar e para que se visualice sempre o proxecto dun grupo de persoas que cre en Cualedro”.


Suscíbete:
Redes Sociales: