Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Penedo seguirá a fronte do proxecto do Partido Popular no Concello do Irixo

Imprimir ppou - 22-Febreiro-2019 - 14:09:05 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, puxo o énfase “nas gañas que amosa o candidato para seguir competindo polo concello máis grande “dunha comarca eminentemente turística como O Arenteiro, sendo ademais o segundo municipio máis extenso da provincia, co esforzo que elo supón para atender a máis de cen núcleos”.

22, febreiro, 2019.

  
  
Manuel Penedo Paradela (Irixo, 1959) seguirá a loitar pola veciñanza do Irixo encabezando a candidatura que o Partido Popular presentará ás eleccións municipais de maio, “coa satisfacción que dá ver a positiva resposta que atopei a este novo reto”. Un apoio que para o presidente provincial, Manuel Baltar, só ten como segredo “estar vintecatro horas ao día ao servizo dos cidadáns, a verdadeira razón do seu éxito e de que o PP siga a confiar nel como o mellor candidato”.

Ao remate deste mandato, Manuel Penedo cumprirá 32 anos á fronte da alcaldía do Irixo contando sempre co apoio maioritario dos seus veciños. Un tempo no que o concello experimentou moitísimos cambios, destacou, “xa que á miña chegada á alcaldía só a capitalidade tiña alumeado público e saneamento, do que hoxe xa dispoñen todos os núcleos de poboación”. Como importantes logros, o candidato apunta a mellora da estrada Carballiño-Lalín, como unha das principais vías de comunicación no concello, ademais da dotación de infraestruturas e servizos para a veciñanza “e un aspecto que compre subliñar, como o feito de que somos un dos concellos coa presión fiscal máis baixa de toda Galicia””. 

Coa vista posta nun próximo mandato, o aspecto máis destacado será a aprobación do PXOM do Irixo, que está a piques de rematar a súa tramitación. Un documento esencial, dixo, “para o desenvolvemento do concello e que, como novidade, incluirá a reserva dun área industrial, co que trataremos de conseguir máis emprego”. O arranxo de zonas urbanas en varias localidades a través do plan Urban e o acondicionamento da área fluvial, coa construcción dun paseo, tamén figuran na súa axenda de proxectos.

O presidente provincial, Manuel Baltar, puxo o énfase “nas gañas que amosa Manuel Penedo para seguir competindo polo concello máis grande dunha comarca eminentemente turística como O Arenteiro, sendo ademais o segundo municipio máis extenso da provincia, co esforzo que elo supón para atender a máis de cen núcleos”.

O candidato do Irixo, apuntou Baltar, “é sinónimo de xestión, de cercanía, conciliador e dialogante, características que lle converteron no mellor alcalde que podía ter o concello, o que quedou ata agora ven demostrado no apoio maioritario conseguido en todas as eleccións municipais”.

Non dubida o presidente provincial que Penedo ten “forzas dabondo para seguir reivindicando esa confianza, o posicionamento do Irixo na comarca e ofrecendo máis proxectos para os veciños”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: