Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Luis Gavilanes “aportará o valor da experiencia” para unha nova maioría do PP en Xunqueira de Ambía

Imprimir ppou - 21-Febreiro-2019 - 13:38:38 


• O candidato e alcalde popular “fixo unha xestión rigorosa, participativa coa veciñanza e cun grupo municipal sólido, que en todo este tempo non lle deu opción a ningunha outra formación política”, subliñou o presidente provincial, Manuel Baltar.

21, febreiro, 2019.

  
  
José Luis Gavilanes Losada (Xunqueira de Ambía, 1953) repetirá á fronte da candidatura popular en Xunqueira de Ambía para as eleccións locais de maio, aportando “o valor que da a experiencia, logo de dez mandatos desenvolvendo un proxecto de concello que nos deu un selo distintivo”. Unha xestión rigorosa, participativa coa veciñanza e cun grupo municipal sólido “que en todo este tempo non lle deu opción a ningunha outra formación política”, subliñou o presidente provincial, Manuel Baltar.

José Luis Gavilanes valora de xeito positivo todos estes anos de dedicación ao concello, sempre como alcalde, “porque me deu a oportunidade de facer cousas pola miña xente e sentir o seu apoio aínda que nunca deixara de lado a miña traxectoria profesional”. Neste tempo, afirma, “tiven ocasión de aprender moitas cousas e adquirir unha experiencia que agora podo devolver ao meu concello, coa madurez e a capacidade de reflexión que dan os anos”.

O candidato volve a vista atrás para destacar o realizado ata hoxe “con todas as vías de comunicación pavimentadas, abastecemento e saneamento, dúas terceiras partes do municipio con concentración parcelaria, un Área de Rehabilitación Integral para o casco antigo da vila, un plan director a punto de rematar para o entorno da igrexa e, por suposto, emprego, fundamental para manter vivo o concello”.

Para un novo mandato, José Luis Gavilanes prestará atención especial á residencia da terceira idade que se está a construir, “a reforma do antigo cuartel da Garda Civil que acollerá apartamentos tutelados, un centro cívico e o centro de saúde, así como rematar a tramitación dos dous parques empresariais que están ao carón da autovía e da estrada nacional”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “unha persoa que foi quen de obter dez maiorías absolutas ten necesariamente a total confianza dos veciños e non dubido que volverá a conseguila o 26 de maio”. Baltar di estar “plenamente seguro de así será porque todos poden comprobar a transformación que experimentou Xunqueira de Ambía coa súa xestión”.

O cambio experimentado baixo o mandato do candidato e alcalde popular, engadiu o presidente provincial, “deulle á vila e ao concello unha identidade propia, demostrando a capacidade que ten para poñer en valor cuestións que van máis aló do día a día municipal”, como unha actividades culturais máis singulares da provincia e de Galicia, “pero tamén de toda España, xa que non hai ningún outro ciclo de concertos de órgano que perdurara trinta anos como o que se celebra na igrexa”.

O Partido Popular, engadiu, “sempre estivo próximo, apoiando a Gavilanes, como o estará agora para axudarlle a pedir de novo a confianza dos vecinos para o proxecto popular”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: