Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Luis Antonio Iglesias loitará por ofrecer un proxecto que dinamice Coles liderando a lista do Partido Popular

Imprimir ppou - 19-Febreiro-2019 - 17:36:26 


• “Esta é a mellor oportunidade para facilitar un cambio de rumbo que permita ao Concello participar das posibilidades de desenvolvemento que ofrece a comarca de Ourense”, destacou  o presidente provincial, Manuel Baltar.

19, febreiro, 2019.

  
  
Luis Antonio Iglesias Fernández (Coles, 1955) será o candidato á alcaldía de Coles nas eleccións municipais de maio, liderando o proxecto de dinamización que o Partido Popular presentará neste concello. Unha gran oportunidade, destacou  o presidente provincial, Manuel Baltar, para “facilitar un cambio de rumbo que permita a Coles participar das posibilidades de desenvolvemento que ofrece a comarca de Ourense”.

Luis Antonio Iglesias optará a formar un goberno popular en Coles achegando toda a experiencia acumulada nos tres mandatos que leva como portavoz da oposición. Un tempo, afirmou, “no que estivemos a traballar para fiscalizar a acción de goberno, facendo un labor de información á veciñanza para que coñeceran a situación real do concello e explicando que temos un modelo de xestión moito máis ambicioso”.

O candidato denuncia que “Coles está adormecido e non se aproveitan as oportunidades que ten ser un concello limítrofe coa capital e formar parte da comarca máis importante da provincia, por poboación e por actividade económica”. Unha parálise que segundo Iglesias reflíctese dun modo gráfico no incremento de poboación que están a experimentar outros concellos próximos á capital, como San Cibrao ou Pereiro de Aguiar, “cando nós poderíamos representar unha boa opción de residencia”.

Coles, engadiu o candidato, “está nunha ubicación privilexiada pero non medrou en todos estes anos porque o goberno socialista só preocupouse por unha liña de entretemento para os veciños, moito ocio pero nada en absoluto en cuestións moitísimo máis importantes como a promoción de vivendas sociais ou o impulso ao parque empresarial para xerar máis emprego.
O presidente provincial, Manuel Baltar, sostén pola súa banda que “chegou o momento de que Coles teña a súa parte de protagonismo na comarca de Ourense dada a súa cercanía á capital”. O concello, dixo, “ten moitísimas posibilidades que non se están a aproveitar e o candidato non só presentará un proxecto de xestión municipal, senón que a comarca formará parte importante das súas propostas”.

Desde unha oposición rigorosa e técnica, sinalou Baltar, Luis Antonio Iglesias “foi visualizando un proxecto para Coles que agora quere liderar con ilusión e conectando coas necesidades da veciñanza, sen esquecer en ningún momento unha premisa fundamental como é a colaboración coas administración”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: