Noticias
Blog
O PP ourensán analizou o ámbito sanitario na provincia para facer novas propostas de goberno
• Os populares ourensáns reuníronse esta tarde en xunta directiva con Jesús Vázquez Almuíña, membro do comité executivo do PPdeG.
• O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que diante do escenario electoral que se aproxima, “o PP ten os deberes moi adiantados para formular propostas de goberno e iso fala ben ás claras da anticipación e planificación coa que deseñamos os nosos proxectos”.
18, febreiro, 2019.
Os membros da xunta directiva do Partido Popular reuníronse esta tarde na sede central para analizar o ámbito sanitario na provincia, convocatoria que se enmarca nas reunións que os populares ourensáns están a facer para coñecer en profundidade a prestacións dos servizos públicos.
Para este labor, a xunta directiva ven de convidar a membros do comité executivo do Partido Popular de Galicia que contan cunha ampla experiencia en cada un dos temas a tratar. Así, o invitado de hoxe foi Jesús Vázquez Almuíña.
O presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que a reunión desta tarde “é o mellor exemplo do que sempre estamos a destacar da nosa formación, que está en permanente actividade política, haxa ou non eleccións”. Agora, dixo, “co escenario electoral que se aproxima o PP ten os deberes moi adiantados para formular propostas de goberno a nivel estatal e iso fala ben ás claras da anticipación e planificación coa que deseñamos os nosos proxectos”.