Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A candidata popular á alcaldía do Barco, Sabina Aguado, interésase polas prazas públicas nos centros de Asfaval

Imprimir ppou - 18-Febreiro-2019 - 16:37:45 


• Nunha reunión coa conselleira de Política Social tamén abordou a ampliación da escola infantil municipal, que pasará a contar con 70 prazas.

18, febreiro, 2019.

  
  
A candidata do Partido Popular á alcaldía do Barco de Valdeorras, Sabina Aguado, interesouse polo estado de tramitación das prazas públicas nos centros da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (Asfaval), no decurso dunha entrevista que mantivo en Santiago de Compostela coa conselleira de Política Social, Fabiola García.

Sabina Aguado tamén preguntou pola futura ampliación da escola infantil municipal, actuación na que a Xunta de Galicia asume un investimento de 150.000 euros. Con este proxecto de ampliación, a escola pasará a contar con 70 prazas.

A candidata popular, que agradeceu o compromiso do Goberno galego en actuacións do ámbito social, destacou tamén o notable incremento experimentado na prestación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que alcanzou o 26 % o que eleva a máis de 46.000 as horas anuais postas a disposición do concello barquense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: