Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Antonio Montero encabezará a candidatura do Partido Popular en Avión na procura dunha nova maioría

Imprimir ppou - 16-Febreiro-2019 - 18:25:59 


• O “saber facer e o apego á terra” do candidato, destacou Manuel Baltar, “ven de merecer a confianza maioritaria dos veciños elección tras elección, sendo un dos dous concellos da provincia con maior apoio porcentual de voto ao PP”.

16, febreiro, 2019.

  
  
Antonio Montero Fernández (Montevideo, Uruguay, 1965) encabezará de novo a lista que o Partido Popular presentará ás eleccións do 26 de maio no Concello de Avión, na procura dunha maioría absoluta máis que a veciñanza ven de outorgarlle desde 2007. Unha candidatura cualificada polo presidente provincial, Manuel Baltar, como “toda unha garantía para Avión e os seus habitantes polo apego á terra que sempre demostrou persoal e políticamente”.

Antonio Montero chegou á política local pola súa implicación na organización de actividades culturais e deportivas para os mozos. Era o ano 2003 “e nunca antes me plantexara ir nunha lista, pero invitáronme, aceptei e entrei no goberno como tenente alcalde”. O falecemento en 2005 do entón rexedor, Francisco Gil, levouno á presidencia da corporación e, desde 2007, a conseguir tres maiorías absolutas consecutivas.

Para o candidato, a súa traxectoria política entra “nun proceso lóxico de incorporación da mocidade á vida local e ven de demostrar que compre involucrarse na toma de decisións a todos os niveis”.  Só cando se toman decisións que afectan a todos, defende Montero, “pode entenderse o traballo que facemos no concello”. A alcaldía é o máximo nivel en calquera tipo de acordó, engade, “pero de aí para abaixo hai moitísimos niveis de decisión, desde o presidente dunha  comunidade de montes, ata asociación veciñais ou unha comisión de festas. Dun xeito ou outro todos participan na vida local e toman decisións que inflúen a todos”.

Nun concello marcado pola emigración, “onde a xente confía máis no Partido Popular e non quere experimentos, como estamos a ver por aí afora”, o proxecto de Antonio Montero para Avión estivo marcado estes anos pola prestación de servizos, “en particular os de carácter social tendo en conta que temos moita xente maior”.

E así seguirá sendo, asegura o candidato, “pois é a nosa obriga incrementar estes servizos mirando, por exemplo, cara aos nenos cunha gardería, ou mellorar as instalacións deportivas e organizar todo tipo de actividades para os veciños de calquera idade”. Unha liña de traballo que Montero completa coas comunicación, “posto que ao estar máis alonxados da capital da comarca ou da cidade precisamos unhas estradas en boas condicións e que non sexan un obstáculo para que a xente permanezca no concello”.

Avión é un concello marcado pola emigración “pero tamén por unha poboación que a milleiros de quilómetros da súa terra nunca esqueceu as súas raíces e iso é algo que sempre tivo e ten moi presente o candidato”, destacou de Antonio Montero o presidente provincial, Manuel  Baltar.

A súa candidatura, dixo, “constitúe toda unha garantía para seguir a desenvolver o proxecto que Montero deseñou cando chegou á alcaldía, labor no que tras case que vinte anos permítelle ofrecer unha ampla experiencia e xestión rigorosa”. O “saber facer”, destacou Baltar, “que ven de merecer a confianza maioritaria dos veciños de Avión elección tras elección, conseguindo o maior apoio porcentual de voto de toda a provincia xunto con Beariz”.

Engadiu o presidente dos populares ouresáns a visión comarcal de Antonio Montero, “que demostrou sobradamente desde a súa condición de deputado provincial, o que tamén lle confire un amplo coñecemento e aposta pola cooperación entre administracións”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: