Noticias
Blog
Eleccións Locais 2019: Alberto Nuñez e Manuel Baltar apoian coa súa presenza aos candidatos de Vilardevós, Verín e Trasmiras
• Os presidentes autonómico e provincial mantiveron encontros con afiliados e simpatizantes en ambos os tres concellos
15, febreiro, 2019.
Os presidentes galego e provincial do Partido Popular, Alberto Núñez e Manuel Baltar, visitaron esta tarde as comarcas de Monterrei e A Limia para apoiar coa súa presenza aos candidatos populares de Vilardevós, Manuel Cardoso; Verín, Juan Manuel Jiménez; e Trasmiras, Emilio Pazos, nunha intensa xornada de tarde que incluíu percorridos por ambos os tres concellos, encontros con militantes e mesmo a sinatura de avais para novos afiliados.
Alberto Núñez e Manuel Baltar iniciaron o seu percorrido en Vilardevós, onde arrouparon ao candidato e alcalde Manuel Cardoso Pérez (Vilardevós, 1955), de quen destacaron a súa capacidade para lograr a confianza maioritaria dos veciños e conseguir, en 2011, poñer fin a 28 anos de goberno socialista. Unha maioría absoluta que repetiría en 2015 aínda que cun significativo incremento de apoio nas urnas. Manuel Cardoso lembrou que o primeiro proxecto que plantexou foi a construción dunha residencia da terceira idade, xa aberta, e que visitou na compaña de ambos os dous presidentes populares, citando ademais unhas das súas actuais prioridades como é a reforma integral da estrada OU-1006, Vilardevós-Vilarello da Cota, da que se fará cargo a Deputación de Ourense cun orzamento de 376.000 euros.
A comitiva popular trasladouse despois a Verín, onde o presidente provincial e o candidato á alcaldía, Juan Manuel Jiménez, asinaron na sede da agrupación local os avais dunha vintena de novos afiliados, incorporacións que segundo o candidato son todo un aval para apoiar o proxecto popular e dar a Verín unha unha nova oportunidade de crear as condicións necesarias para regresar ao camiño de progreso, da actividade comercial ou dos proxectos termais.
Xa na comarca da Limia, Núñez e Baltar remataron o seu percorrido no Concello de Trasmiras apoiando a Emilio Pazos Ojea (Dusseldorf, Alemaña, 1975), que repetirá unha vez máis como cabeza de lista popular. Alcalde desde 2006 e revalidando maiorías absolutas ata hoxe, Pazos Ojea tamén foi deputado provincial entre 2011 e 2015. O candidato subliñou como un dos grandes logros do seu equip de goberno a aprobación do primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello, que permitirá desbloquear moitos proxectos, entre eles un parque empresarial. Emilio Pazos destacou tamén o importante pulo do sector primario, xa que Trasmiras é un dos concellos onde máis aumentou o número de explotacións agrícolas e gandeiras, encabezadas por xente moza.