Noticias
Blog
Visita a Ourense do presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado
- Acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar, e o candidato á alcaldía, Jesús Vázquez
14, febreiro, 2019.
O presidente nacional do Partido Popular, Pablo Casado, visitou hoxe Ourense para arroupar ao candidato á alcaldía da capital, Jesús Vázquez, ademais de recoñer o gran traballo que, elección tras elección, está a realizar a formación popular en toda a provincia e como referente a nivel estatal.
Na súa estadía en Ourense, Pablo Casado estivo acompañado polo presidente provincial, Manuel Baltar, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e o coordinador de política autonómica do PP ourensán, Miguel Santalices.
A primeira cita de Casado na capital estivo en Aixiña, onde tivo a oportunidade de coñecer o labor que desenvolve o centro de día, saúdando a usuarios e traballadores, así como os talleres e os locais que distintas asociacións teñen no centro.
Con posterioridade e no decurso dun xantar, celebrado nun céntrico restaurante, mantivo un encontro con afiliados e simpatizantes no que tamén participaron cargos do partido e representantes da formación popular nas institucións.