Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 José Sampayo quere achegar Amoeiro á capital e modernizar o concello

Imprimir ppou - 18-Febreiro-2011 - 20:41:14 


Amoeiro, 18 de febreiro de 2011.- O candidato PP á Alcaldía de Amoeiro, José Sampayo, mantivo unha reunión co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para informarlle das necesidades que ten o municipio de Amoeiro nesta área e para trasladarlle os proxectos que propón desenvolver Sampayo na vindeira lexislatura se acada á Alcaldía de Amoeiro. Á xuntanza asistíu tamén o presidente do PP en Amoeiro, Ricardo Fernández, e o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, para apoiar as iniciativas de infraestruturas e servizos presentadas por José Sampayo.    

Entre as propostas figura a construción dunha conexión rápida coa capital ourensá, de 8 quilómetros de percorrido, que suporía para os veciños de Amoeiro estar a 4 minutos de Ourense. O obxectivo desta proposta é fixar e aumentar a poboación de Amoeiro e permitir unha rápida conexión tamén co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
Tamén considera importante Sampayo que os veciños de Amoeiro poidan ter "unha cobertura completa de transporte metropolitano, para que poidan ter conexión por todo o municipio con paradas do transporte urbano de Ourense, e tamén queremos poñer en marcha un transporte que permita a conexión, dentro do concello, entre as parroquias e a capitalidade de Amoeiro. En definitiva queremos conectar Amoeiro coa modernidade e achegalo a Ourense", afirma José Sampayo.
No que atinxe á vivenda, José Sampayo expúxolle ao conselleiro a necesidades de crear a "Oficina de Rehabilitación e Aluguer de Vivendas", co obxectivo de recuperar vivendas do rural actualmente abandonadas e conseguir atraer poboación a pobos que están a padecer unha grave despoboación.
Finalmente, outras las carencias máis importante á que é necesario poñerlle solución en Amoeiro é á do solo industrial. Para elo Sampayo propón crear un parque empresarial en Bóveda, limitando co solo industrial do Concello de Vilamarín, que tería a vantaxe de estar moi próximo ás principais vías de comunicación do municipio.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: