Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Cristina Francisco Vílchez promete “máis forza e ilusión” optando a un terceiro mandato no Concello de Melón

Imprimir ppou - 11-Febreiro-2019 - 14:15:25 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, “non hai alternativa posible porque a candidata “foi quen de manter nestes catro anos un goberno estable e sólido, froito da maioría absoluta que lle outorgaron as urnas”.

11, febreiro, 2019.

  
  
Cristina Francisco Vílchez  (Guggenheim, Alemaña, 1967) será a candidata popular á alcaldía de Melón nas municipais de maio, optando a revalidar por terceira vez a confianza que os veciños veñen depositando na súa xestión e no seu equipo de goberno desde 2011, prometendo para un próximo mandato “máis forza e ilusión cada ano”. Unha mensaxe de compromiso destacada polo presidente provincial, Manuel Baltar, quen engadiu “un valor máis, fundamental en política, como é fomentar a convivencia máis aló das siglas”.

Cristina Francisco basea o seu traballo como alcaldesa en dúas premisas, organizar e priorizar, “porque nun concello rural como o noso o máis importante é mellorar as infraestruturas básicas e os accesos aos 28 núcleos de poboación, pero sobre todo que non lles falte nada aos maiores e aos nenos e mesmo que podamos ser unha boa opción para aqueles que queren vivir no rural”. 

Nesta liña, a candidata do PP destaca a posta en marcha da escola infantil para catorce nenos e o multiusos, que está á espera da tramitación administrativa para centro de día, ximnasio e biblioteca, “ou a piscina climatizada, que daría servizo á comarca, e para á que xa estamos a xestionar axudas”. 

Non obstante,  a alcaldesa destaca dous logros máis de gran importancia. Por unha banda a recuperación do mosteiro de Melón. “Todo o equipo de goberno traballou intensamente para conseguir que esta construción do século XIII estea a disposición de veciños e turistas dentro de 17 meses, reconvertido nun hotel singular”. O segundo logro é poñer fin ao minifundismo coa concentración parcelaria das fincas “e a intención de facer o mesmo nos montes, para o que xa entregamos en Medio Rural máis de 400 sinaturas”.

“Como alcaldesa –engadiu Cristina- é a nosa obriga conseguir as metas que nos plantexamos, sexa con recursos propios ou coa colaboración das administracións”. Un aspecto, este último, que a candidata agradece “pois sempre atopei as portas abertas tanto na Deputación como na Xunta”.

“Estou convencido de que Melón seguirá tendo alcaldesa do Partido Popular”, dixo entre tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, para quen “non hai alternativa neste concello porque a candidata conta co aval máis importante, que son as persoas”. Cristina Francisco “foi quen de manter nestes catro anos un goberno estable e sólido, froito da maioría absoluta que lle outorgaron as urnas”.

Manuel Baltar tamén subliñou a capacidade da alcaldesa para conectar coas administracións na procura de investimentos no seu concello, “o que significa que catro anos máis de mandato do Partido Popular suporán máis progreso para un municipio que verá impulsado o ámbito turístico coa apertura dun hotel no mosteiro. Unha infraestrutura e un servizo, concluíu, “que falan ben ás claras da vontade de completar unha xestión local facendo tamén comarca e provincia”.


Suscíbete:
Redes Sociales: