Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Os proxectos de comarca estarán presentes nos programas electorais dos candidatos populares

Imprimir ppou - 10-Febreiro-2019 - 17:20:06 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, e os candidatos de Toén, Castrelo de Miño, Cenlle e Ribadavia reuníronse para dar forma a un proxecto de senda peonil ao redor do encoro de Castrelo e á posta en marcha dun catamarán.

10, febreiro, 2019.

  
  
A inclusión de proxectos en crave comarcal será un dos eixos dos programas electorais que os candidatos do Partido Popular presentarán para as municipais de maio, anunciou hoxe o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, “xa que para facer provincia compre contar coa implicación de todos os concellos, poñendo en valor os seus recursos de xeito conxunto e superar así antigas visións localistas da política”.

Como primeiro paso nesta estratexia, Manuel Baltar reuníuse hoxe cos candidatos dos concellos de Toén, Ricardo González; Castrelo de Miño, Avelino Pazos; Cenlle, Gabriel Alén; e Ribadavia, César Fernández. Con eles analizou un ambicioso proxecto que se enmarcará nos ámbitos do enoturismo, do Plan Ourense Termal e a natureza, a través de tres actuacións concretas, e que terá ao encoro de Castrelo de Miño como protagonista.

A primeira actuación será a posta en marcha dun catamarán que, con máis de 40 prazas, percorrerá o río Miño desde o municipio de Toén ata Castrelo, ofrecendo aos futuros usuarios un novo xeito de coñecer O Ribeiro, como a denominación de orixe máis antiga de Galicia e das primeiras de España, así como os seus recursos termais.

A segunda das actuacións centrarase na construción dunha senda peonil que  unirá ambas beiras do Miño, permitindo gozar tamén das paisaxes e da natureza que se estenden ao longo dos citados municipios, ampliando así os actuáis oito quilómetros de senda que xa ten o Concello de Cenlle.

Unha terceira idea refírese á recuperación das embarcacións que, antigamente, unían as dúas beiras do Miño como medio de comunicación, nun proxecto que sen dúbida terá unha forte carga etnográfica.

Para Manuel Baltar, “ademais dos servizos que os concellos prestan á súa veciñanza, os alcaldes deben ter unha visión comarcal e de provincia que beneficiará a todos, pois cada territorio ten singularidades que, explotadas en conxunto, ofrecen amplas perspectivas de desenvolvemento económico”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: