Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: José Manuel Fernández aspira a seguir mellorando Paderne de Allariz como candidato popular á alcaldía

Imprimir ppou - 10-Febreiro-2019 - 17:16:07 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que o candidato foi quen de imaxinar un Paderne mellor, que o está a conseguir, pero non só con proxectos específicos para o seu concello senón coa cooperación con outras entidades locais como a Mancomunidade da comarca de Ourense”, que tamén preside.

10, febreiro, 2019.

  
  
A lista que o Partido Popular presentará ás eleccións locais de maio en Paderne de Allariz voltará a ter como número uno a José Manuel Fernández Gómez (Paderne, 1953), que optará así a un cuarto mandato á fronte do seu concello,” tempo no que realmente estou a disfrutar da política local e me sinto con forzas para seguir facendoo”. Un xeito de vivir o ámbito municipal que para o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, “se reflicte na confianza que os veciños depositan na súa xestión tras cada paso polas urnas”.

Un dos aspectos que máis destaca na persoa de José Manuel Fernández é a súa capacidade para disfrutar do día a día no concello, para o cal tamén recoñece que conta “cun bo equipo detrás, xente moza, moi ben preparada e sobre todo con gañas e disposición de traballar”. Paderne de Allariz, di o candidato, “é un concello pequeno no que grazas ao meu grupo e ás nosas ideas conseguimos xestionar con eficencia cada euro dos veciños e, proba delo, é o superávit que temos nas arcas municipais”.

José Manuel Fernández fai tamén un recoñecemento á colaboración coas demais administracións, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, “que nos permitiron realizar poñer en marcha proxectos demandados pola veciñanza, como a mellora do campo de fútbol, as obras do novo centro de saúde ou a gardería, obras que me gustaría contribuír a realizar e ver rematadas nun próximo mandato”.

Un novo periodo de goberno, para o que afirma “ter boas expectativas”, no que tamén o ámbito económico xoga un papel fundamental, en tanto que significa emprego e fixar poboación “como é o Val da Rabeda, que me gustaría que comenzase a andar e que sería un proxecto importantísimo para nós”.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou os catorce anos que Fernández leva á fronte da Mancomunidade de municipios de comarca de Ourense. “En todo este tempo foi quen de imaxinar un Paderne mellor, que o está a conseguir, pero non só con proxectos específicos para o seu concello senón con ideas que tamén teñen que ver coa cooperación con outras entidades locais como a mancomunidade ou o resto de administracións”

Desde o Partido Popular “felicitámonos pola decisión de José Manuel Fernández de continuar defendendo un proxecto de futuro para os seus, no que de seguro saberá escoller moi ben quen lle acompaña, o que supón un motivo máis de confianza para os veciños”, apuntou Baltar, “porque sabe o necesita Paderne e o demostra como alcalde e tamén como presidente da xunta local popular”.


Suscíbete:
Redes Sociales: