Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: César Fernández liderará a candidatura popular en Ribadavia “para deixar de perder oportunidades e gañar o futuro”

Imprimir ppou - 09-Febreiro-2019 - 11:08:46 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, as eleccións de maio son unha oportunidade histórica para “pechar unha escura etapa no concello e para iso presentamos un candidato dialogante, conciliador, respectuoso, formado e con sobrados plans e capacidade para facelos realidade”.

9, febreiro, 2019.

  
  
César Manuel Fernández Gil (Ribadavia,1979) será o cabeza de lista da candidatura que o Partido Popular presentará no Concello de Ribadavia co ánimo “de deixar atrás dezaseis anos de oportunidades perdidas e gañar o futuro”. Un momento histórico, dixo na presentación do candidato o presidente provincial, Manuel Baltar, “para mudar unha etapa política en branco e negro pola transparencia, o diálogo e o respecto institucional”.

Concelleiro desde 2011, César Fernández decidiu dar o paso cara á política local na procura dun cambio “porque de nada vale facer crítica se non hai unha implicación activa para transformar as cousas desde dentro, que é onde se pode traballar”. Ribadavia é desde hai moito tempo “un concello en decadencia e os ribadavienses merecen que se cambie esa tendencia”, afirmou. Para o candidato, “o primeiro paso é ter capacidade de interlocución coas administraciones, que non existe, ter un proxecto claro e definido, que non hai, e poñer en valor as nosas potencialidades, o que non se fixo”.

Fernández asegura que chegou á hora de “devolverlle á cidadanía ese orgullo de pertenza a Ribadavia que se perdeu en todos estes anos, de situarse de novo no lugar que nunca debeu perder como cabeceira da comarca do Ribeiro”. Potencial e oportunidades hai moitas, sinalou, “porque somos un concello rico en patrimonio, en termalismo, viticultura e cun gran futuro turístico”. 

Pero, ademais, tamén compre favorecer o desenvolvemento económico “cun tecido industrial máis atractivo, poñendo encima da mesa proxectos importantes como a ampliación do parque empresarial”, sen esquecer o reforzamanto de servizos básicos porque “aínda que resulte impensable, aínda hoxe hai poboacións que non están conectadas á rede de abastecemento e saneamento”.

En definitiva, subliñou o candidato, ofrecer un proxecto real de futuro para os veciños de Ribadavia, que gozan de boas comunicacións por autoestrada “aínda que sería desexable unha mellor conexión ferroviaria mediante trens de cercanías, que pensó é unha asignatura pendente”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, as eleccións de maio constitúen a máis clara oportunidade para “pechar unha escura etapa e converter a Ribadavia nunha das vilas en un dos concellos máis grandes da provincia e de Galicia. Para iso, afirmou, “presentamos un candidato dialogante, conciliador, respectuoso, formado e con sobrados plans e capacidade para facelos realidade”.

O candidato popular “terá a oportunidade de rematar coas pésimas relacións institucionais e cos pactos estranos –engadiu Baltar- poñendo en marcha unha política limpa, transparente, de comunicación e achegamento ás administracións”, ao que axudará a bagaxe política acumulada por Fernández tanto no Parlamento galego como na presidencia da xunta local popular.

“Todos eses son valores que non van a ter ningún outro candidato ou candidata á alcaldía”, abondou Baltar, que fixo unha chamada aos ribadavienses para que logo do 26 de maio “podamos rematar co tempo dos enfrontamentos e comenzar a traballar con seriedade por unha Ribadavia mellor”.


Suscíbete:
Redes Sociales: