Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O PP confía de novo a Pura Rodríguez o liderado da lista en Gomesende para as municipais de maio

Imprimir ppou - 06-Febreiro-2019 - 12:41:35 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, supón un recoñecemento para a candidata pola “xestión rigorosa que levou a cabo no ámbito económico e polo esforzo por mellorar os servizos coa axuda das administracións, o que tamén fala moi ben do seu carácter dialogante”.

6, febreiro, 2019.

  
  
Pura Rodríguez Álvarez (Gomesende, 1966) encabezará de novo a lista que o Partido Popular presentará no Concello de Gomesende para as municipais de maio, coa confianza que lle da o traballo feito pero, sobre todo, “o compromiso cos meus veciños, para os que estou á súa disposición as vintecatro horas do día”. Unha dedicación especialmente valorada polo presidente provincial, Manuel Baltar, para quen a candidata “acreditou en todo este tempo  unha auténtica vocación de servizo público”.

Tras case doce anos como alcaldesa e dous mandatos máis na corporación como concelleira, Pura Rodríguez ponse unha vez máis a disposición do partido e da veciñanza “nun momento no que a política é moi complicada, pero que ten as súas satisfaccións cando os veciños reclámanche, ves que podes axudalos e pídenche que sigas traballando desde a alcaldía”.

As infraestruturas básicas, servizos e instalacións para o propio funcionamento do concello ou a eficiencia enerxética son algúns dos logros que a candidata destaca deste mandato, aínda que xa se pon deberes como proposta para outros catro anos, “como o arranxo da antiga casa do médico para vivenda social ou seguir actualizando o alumeado público con tecnoloxía máis eficiente; o resto son cuestións que van xurdindo e que se valoran según a urxencia””.

Pura Rodríguez recoñece os sacrificios que supón estar á fronte dun pequeno concello como Gomesende, “onde non só eres a alcaldesa, senón que tamén ás veces tes que facer de todo, escoitando e aconsellando, co teléfono sempre a man para calquera chamada, pero cando as cousas saen ben compensa e moito”.
De cara ás eleccións de maio, Rodríguez afirma sentirse apoiada pola maioría dos veciños, “ademais dos meus compañeiros de equipo e a xente moza que nos acompaña, procurando sempre o entendemento con toda a xente, sexan doutros partidos na corporación ou asociacións”.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar, a candidatura de Pura Rodríguez é un recoñecemento “á xestión rigorosa que levou a cabo no ámbito económico e ao esforzo por mellorar os servizos coa axuda das administracións, seguindo acertados criterios en función das necesidades, o que tamén fala moi ben do seu carácter dialogante”. 

Baltar agradeceu que a xa candidata se poña a disposición das mellores siglas “que son as do PP, pero sobre todo dos veciños de Gomesende como unha nova oportunidade para demostrar que coñece como ninguén a xestión municipal e ten moito por ofrecer”.

Pura Rodríguez, engadiu o presidente provincial, “será quen de encabezar unha lista cos mellores homes e mulleres de Gomesende, con vocación de servizo público acreditado e que traballarán con toda a intensidade para conseguir un goberno popular maioritario”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: