Noticias
Blog
Rosendo Fernández analiza coa directiva do Centro Comercial Aberto accións para dinamizar o comercio local
O Candidato á Alcaldía de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández, mantivo un encontro cos directivos do Centro Comercial Aberto, no que se analizaron diferentes temas de interés para dinamizar o sector comercial da cidade de Ourense e a súa contorna. Entre os temas tratados figuraron a necesidade de aumentar o fluxo de visitantes e polo tanto, de posibles consumidores, xa que a oferta nestes momentos é moi superior á demanda, poñendo como exemplo dinalizador o termalismo co desenvolvemento formal do Plan Estatexico Termal. Tamén se falou de potenciar o Casco Histórico, coa implantación de novas experiencias comerciais, como poden ser os outlets, e con accións que aseguren a fixación de residencia na zona mediante plans de compra ou aluguer de vivendas.
Un dos asuntos que centro boa parte da xuntanza foi o a necesidade de deseñar plans que dinamicen o centro como referente máis atractivo da cidade a semellanza do que acontece noutras cidades onde se vai ao "centro", e a implantación do transporte metropolitano pero levando a xente ao centro da cidade, "e non como pretende o goberno municipal actual que é deixar aos viaxeiros nas entradas á cidade para que desde alli teñan que coller autobuses municipais", explica Rosendo Fernández. Outros temas analizados na reunión foron a chegada do Ave e estación soterrada; a necesidade "de solicitar a reanudación urxente" das obras de San Francisco, xa que esta infraestrutura cultural dinamizaría en gran medida a zona do Centro Comercial Aberto, e finalmente abordar a reforma da Praza de Abastos tendo en conta a opinión do comerciantes da praza.