Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: O PP aposta por un proxecto apegado á terra coa candidatura de César Enríquez “Cachín” en Castro Caldelas

Imprimir ppou - 04-Febreiro-2019 - 14:36:49 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, amosou a súa satisfacción por contar nas filas populares cun candidato “que soubo elixir un proxecto vital, profesional e dinamizador do territorio que traspasou fronteiras”.

4, febreiro, 2019.

  
  
César Enríquez Diéguez “Cachín” (A Teixeira, 1960) ven de aceptar a proposta formulada pola dirección provincial do Partido Popular para encabezar a lista que os populares ourensáns presentarán no Concello de Castro Caldelas, reto que cualifica como apaixoante e no que lle gustaría contar co apoio de todos os veciños “porque todos facemos falta para construir o futuro”. Unhas palabras moi valoradas polo presidente provincial, Manuel Baltar, para quen o candidato representa “un proxecto  apegado á terra e onde non se mira á xente polo que pensa, senón polo que pode aportar”.

César Enríquez, recoñecido empresario vinculado ao sector vitivinícola, estréase na política municipal “como un xeito de devolverlle aos meus veciños o apoio que sempre tiven por parte deles”. Unha razón pola que desexaría  contar cun pobo unido “para, entre todos, converter Castro Cadelas nun lugar no que vivir con calidade e atractivo para o turismo”.

O ámbito turístico, precisamente, é dos obxectivos nos que incide o candidato, xa que suporía un impulso á actividade económica e axudaría á fixar poboación, aspecto que para César Enríquez “Cachín” é a verdadeira prioridade. A crave está, di, na chegada da alta velocidade. “Se Ourense vai ser a porta de entrada do AVE, Castro Caldelas terá que ser visita obrigada para os turistas no conxunto da Ribeira Sacra”.

“Temos que traballar duro e estar preparados para ofrecer servizos de calidade cos que atender aos visitantes”, afirma Enríquez, para quen o fundamental é dar todo o apoio posible aos emprendedores e os pequenos e medianos empresarios, “que son os que xeran riqueza, emprego e futuro para o concello”.

Non esquece o candidato o seu propio sector profesional, o vitícola, pero apunta ademais outra proposta relacionada cun dos ámbitos estratéxicos para a provincia como é o termal, “pois tamén aquí temos un antigo manancial que compre poñer en valor”.

Turismo, patrimonio, natureza, viño e termalismo dan forma a un proxecto que para o presidente provincial, Manuel Baltar, “está perfectamente representado nunha das persoas máis populares, pero tamén máis queridas desta provincia, cunha historia de implicación no seu territorio e que sobou elixir un proxecto dinamizador e creador de emprego que traspasou fronteiras nacionais e internacionais”.

Castro Caldelas, dixo Manuel Baltar, reúne todos os requisitos para ser unha das vilas máis importantes de Ourense, “pero necesita do impulso que lle pode dar o candidato e o equipo de traballo que lle acompañe”. Coincide o presidente provincial nos obxectivos de César Enríquez, subliñando tamén a súa capacidade para traballar en conxunto con outros concellos e coa cooperación coas administracións.

Para Manuel Baltar, o candidato é o mellor exemplo dunha persoa que decidiu desenvolver o seu proxecto vital e profesional nun pequeno concello “e que ahora terá a oportunidade de exportar ese modelo ao ámbito municipal, para que Castro Caldelas deixe de ser unha illa e forme parte destacada dun plan moito máis ambicioso que é a provincia”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: