Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Luis Castro se incorpora ao proxecto do Partido Popular como cabeza de lista en San Xoán de Río

Imprimir ppou - 04-Febreiro-2019 - 14:34:55 


• A chegada ás filas populares de Luis Castro “vai significar unha alternativa de progreso e de futuro para o concello, afirmou entre Manuel Baltar, destacando a “valía como persoa do xa candidato do PP, moi ben considerado como xestor e alcalde”.

3, febreiro, 2019.

  
  
Luis Castro Álvarez (San Xoán de Río, 1960) optará á alcaldía do Concello de San Xoán de Río incorporándose ás filas do Partido Popular, anunciou hoxe o presidente provincial, Manuel Baltar, quen loubou o compromiso do tamén rexedor co seu territorio e os seus veciños, “sumándose a un proxecto político que defende como ninguén aos pequenos concellos, non só como territorios singulares senon tamén como parte dun proxecto máis amplo e ambicioso que é o de provincia”. 

Luis Castro inicia unha nova etapa política logo de vinte anos traballando no ámbito municipal, primeiro como concelleiro, logo como tenente alcalde e neste mandato presidindo a corporación local, aínda que xa exercera esta responsabilidade durante dous anos logo das eleccións de 2007.

Vinculado profesionalmente ao mundo empresarial, as premisas das que parte o candidato son “seguir crecendo e manter a ilusión coa que sempre facemos as cousas, agora noutro proxecto que entendo vai ser máis beneficoso para San Xoán de Río pola extensa traxectoria e experiencia de goberno que ten o Partido Popular”.

Cos axustados recursos dos que dipoñen, Castro sinala que necesitan darlle un impulso aos servizos municipais, infarestruturas e comunicacións, “pero tamén ao sector económico que é o que vai conseguir un concello máis dinámico”. Neste sentido cita a agricultura e a gandeiría, “en particular no tocante á carne e ao leite, xa que pode ser unha alternativa de futuro para os mozos“.

Castro Álvarez quere lanzar á veciñanza unha mensaxe de optimismo, “pois imos seguir traballando como o fixemos ata agora, ao servizo das nosas xentes e colaborando coas administracións”, cooperación que destaca como fundamental para apoiar aos pequenos concellos.

A incorporación á filas populares de Luis Castro “vai significar unha alternativa de progreso e de futuro para San Xoán de Río, afirmou entre tanto Manuel Baltar, destacando a “valía como persoa do xa candidato do PP, moi ben considerado como xestor e alcalde”.

Explicou o presidente provincial que “Río ten moito potencial como concello, pero tamén no conxunto da comarca, por iso fixemos esta importante aposta para as próximas eleccións e para un novo mandato”. A veciñanza ten que ver que desde o Partido Popular non nos limitamos a apoiar outras infraestruturas destacadas, como a estación de inverno de Manzaneda, senón que tamén loitamos polo rural, por potenciar o sector primario e facilitar a vida nos pequenos concellos, en particular naqueles situados en zonas de alta montaña por ter unhas condicións especificas”.

Manuel Baltar afirmou que a formación que preside “vai estar ao carón do alcalde e dos veciños de Río, como estamos en todos os concellos con independencia do seu tamaño ou da súa poboación, porque todos forman parte tamén de Ourense como provincia”. O 26 de maio será un día importante para a veciñanza de Río, concluíu, “porque terán  a oportunidade de votar a un candidato dunha formación seria, responsable e que ademáis de candidato ten   a un grandísimo alcalde”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: