Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Sabina Aguado ponse á fronte do proxecto popular no Barco de Valdeorras como candidata á alcaldía

Imprimir ppou - 01-Febreiro-2019 - 12:00:27 


• Para o presidente provinical, Manuel Baltar, a candidata “é a persoa que pode ofrecer un cambio e o Partido Popular a única formación política que pode levalo a cabo, porque ten a forza necesaria para acabar cun modelo de goberno socialista caduco, que xa está na súa última fase e que non é quen de proxectar ilusión”.

1, febreiro, 2019.

  
  
Sabina Aguado García (Carballeda de Valdeorras, 1967) estará á fronte da lista coa que o Partido Popular quere recuperar a alcaldía do Barco de Valdeorras, liderando un proxecto co que promete ofrecer “un novo goberno, porque o actual está claramente esgotado e se necesita un cambio”. Unha nova etapa, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “para acabar cun modelo de goberno socialista caduco, que xa está na súa última fase e que non é quen de proxectar ilusión”.

Despois de catro anos como concelleira, Sabina Aguado aceptou encabezar a lista do Partido Popular no Barco “non como unha ambición persoal, senón como o proxecto común dun partido e de persoas que desexamos un goberno diferente”. Ese cambio, afirma Sabina, “si que é a miña ambición e non tan relevante quen encabece a lista”.

Destaca a candidata que a necesidade de cambio no Barco de Valdeorras ven dada pola ausencia de proxecto político para un concello “onde todo funciona como por inercia, pero perdendo forza, e donde a xente perdeu a ilusión e o sentimento de pertenza que tanto nos caracterizaba”. Na actualidade, declarou Aguado, “o grupo municipal prácticamente é unha soa persoa, o alcalde, e iso é o que quero cambiar, marcando diferenzas, incluíndo a un bo equipo de persoas que aporten ideas e contar coa opinión dos cidadáns”.

Unha aposta en firme pola industria, pola atracción de empresas, polo comercio e o fomento do emprego son piares básicos para o futuro, di a candidata á hora de falar do seu programa, ao igual que colaborar con todas as persoas que teñan ideas e iniciativas. Nesta liña, explicou, “analizaremos cales son as prioriades e logo buscaremos ás persoas que mellor encaixen no noso proxecto para facer equipo, pero sobre todo que saiban aportar e complementar as ideas ou propostas dos demais”.
 
AMBICIÓN COLECTIVA
Sabina Aguado é a persoa que pode ofrecer ese cambio ao Barco de Valdeorras e o Partido Popular a única formación política que pode levalo a cabo. Son palabras do presidente provincial, Manuel Baltar, para quen a candidata “ten a forza necesaria para acabar cun modelo de goberno socialista caduco, xa está na súa última fase, que non proxecta ilusión”.

A candidata popular “non representa unha ambición persoal senón colectiva,  das persoas que non se contentan con que o alcalde sexa o presidente da FEGAMP e se esqueza dun concello onde todos os indicadores van a peor”.

Manuel Baltar subliñou que O Barco de Valdeorras “é políticamente popular e así o demostra en eleccións xerais, autonómicas e europeas, e agora temos unha excelente oportunidade de darlle un voto de confianza á candidata para que tamén o PP sexa a forza máis votada”.

Sabina, engadiu, “coñece ben as necesidades do concello, truncadas todos estes anos porque o alcalde non tiña un proxecto político que ofrecer”.  A candidata poderá demostrar, declarou Manuel Baltar, que tamén saberá abrir portas nas administracións presentando proxectos que visualicen ese cambio que se necesita na gobernanza, que non ten nada que ver coa actual, e animando á participación cidadá para que tamén se sinta parte dunha nova etapa”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: