Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Juan Manuel Jiménez liderará a candidatura do Partido Popular para recuperar o goberno en Verín

Imprimir ppou - 30-Xaneiro-2019 - 18:36:00 


• Os verinenses, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “só teñen que contrapoñer o que supuxo a xestión do PP a estes catro anos de goberno entre dúas forzas que perderon as eleccións e cuxas medidas foron máis polo eido do populismo e dunhas contas indefendibles”.

30, xaneiro, 2019.

  
  
Juan Manuel Jiménez Morán (Verín, 1956) encabezará de novo a candidatura que o Partido Popular presentará no Concello de Verín para recuperar “todo o que perdemos nestes catro anos de nula xestión e despilfarro que só nos levaron ao empobrecemento do concello”. Unhas palabras referendadas polo presidente provincial, Manuel Baltar, para quen os verinenses “teñen a oportunidade de cambiar o actual rumbo do concello pola experiencia de xestión dun alcalde e un partido que lle deron o debido protagonismo a Verín”.

Juan Manuel Jiménez afirma manter a ilusión intacta para recuperar o dinamismo dun concello “do que agora únicamente saen noticias negativas, cun goberno de nula xestión e despilfarro progresivo que só conseguíu baleirar prácticamente as arcas municipais”.

Cunha dilata traxectoria na política local –concelleiro desde 1983 e 17 anos na alcaldía- o candidato lamenta a situación na que se atopa o concello, “co peche de máis de 60 establecementos comerciais nos últimos anos e a perda dun milleiro de habitantes en tres anos e medio”. No só iso, engade, “senón que ademais pecharon importantes empresas e perdéronse moitos postos de traballo ata converter a Verín nun deserto industrial”.

Agora, o seu obxectivo é “devolver a Verín á dinámica de xestión da que sempre  fixo gala o PP, que construíu  máis do 95 % de todas as infraestruturas que hai hoxe no municipio”. Non obstante, apunta Jiménez, “o fundamental é crear as condicións económicas necesarias para regresar ao camiño de progreso, da actividade comercial, dos proxectos termais, do protagonismo comarcal de antaño e que a xente poda volver”.

Jiménez Morán ten unha mensaxe clara e positiva para a veciñanza, asegura, “pois só teñen que votar a un partido que xa demostrou ser quen de facer cousas, cos seus propios recursos e captando fondos coa colaboración doutras administracións”.

“Verín foi unha vila puxante na provincia e hoxe é unha mágoa ver como a xestión do PSOE e do BNG levou ao concello non á parálise, senón cara atrás ata converter ao municipio nun Verín moito peor que hai catro anos”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.

Para o Partido Popular é unha magnífica noticia que Juan Manuel Jiménez decidise dar de novo o paso adiante para encabezar o único proxecto capaz de sacar a Verín da situación actual, afirmou Baltar, “polo profundo coñecemento que ten da xestión local, do seu concello e que, ademais, gañou as eleccións no 2015”.

Os verinenses, dixo, “só teñen que contrapoñer o que supuxo a xestión do PP a estes catro anos de goberno entre dúas forzas que perderon as eleccións e cuxas medidas foron máis polo eido do populismo e dunhas contas indefendibles”. 

O 26 de maio os verinenses terán a posibilidade de confiar nun partido e nun candidato “que lles ofrecerá visión política e proxectos fronte a un goberno valeiro”, concluíu Baltar.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: