Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Consuelo Vispo liderará la opción de cambio en el Concello de Barbadás á fonte da lista do Partido Popular

Imprimir ppou - 29-Xaneiro-2019 - 14:24:24 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, agarda que a candidata obteña de novo a confianza maioritaria dos veciños, como nas eleccións de 2015, “e que non foi respectada polas forzas políticas perdedoras que demostraron durante todo este tempo non ter idea algunha de futuro para o concello”.

29, xaneiro, 2019.

  
  
Consuelo Vispo Seara (Ourense, 1966) ven de asumir a responsabilidade de recuperar a alcaldía en Barbadás liderando a lista que o Partido Popular presentará neste Concello ás eleccións municipais de maio, ofrecendo “estabilidade para os veciños e non un goberno local que só procura compañeiros de viaxe para manterse no poder”. O presidente provincial, Manuel Baltar, agradeceu este novo paso cara adiante da candidata “que se ve con forzas para estar á fronte dun proxecto político que ilusione a Barbadás e que lle dea a este concello o protagonismo que merece”.

Consuelo Vispo ten a experiencia suficiente na política local como para comparar o labor que se desenvolve desde o goberno municipal, xa que entre os anos 2006 e 2015 tivo responsabilidades como concelleira nos ámbitos da cultura e do deporte e, neste mandato, como portavoz popular na oposición.

Da pimeira etapa afirma que se conseguiron poñer en marcha numerosos servizos, aínda que destaca como satisfacción persoal a dotación dun polideportivo para o concello. “Foron anos de moito traballo, nos que tiñamos que facer todo o posible con poucos recursos xa que estabamos en plena crise económica”.

Agora, tras pasar polo goberno “vemos como nestes catro anos mantivérose os servizos, pero sen melloras nin ampliacións para atender novas necesidades, polo que na actualidade hai demasiadas carencias”. Este será, precisamente, un dos asuntos nos que incidirá a candidata e o seu equipo de conseguir a confianza dos veciños para un próximo mandato. “Temos que recuperar todos eses servizos que tanto custou poñelos en marcha e crear as condicións para xerar máis emprego”.

Non obstante, unha das preocupacións da candidata está na mocidade. “Somos un concello con moita xente moza, en especial entre os 16 e os 26 anos, e temos que ofrecerlles alternativas de ocio, culturais, e de emprego que lles permitan seguir a vivir en Barbadás e no seu municipio, con ideas moi concretas como por exemplo nun ámbito como o deportivo que ten un gran peso no concello”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, incidiu de xeito particular na experiencia de Consuelo Vispo no ámbito municipal, logo de exercer responsabilidades de goberno e despois como portavoz na oposición. Unha oportunidade para que os veciños vexan a capacidade de traballo da candidata e decidan darlle de novo a súa confianza, como tamén ten toda o apoio do partido e dos membros da xunta local, que preside “.

Lembrou o presidente provincial que Consuelo Vispo xa gañou nas eleccións de 2015, “confianza maioritaria que non foi respectada polas forzas políticas perdedoras e que demostraron durante todo este tempo non ter idea algunha de futuro para o concello, nin tan siquera destacando en ningunha cuestión positiva”.

Traballo, compromiso e lealdade foron outros dos cualificativos utilizados por Manuel Baltar para definir á candidata “que non só deu a talla política na súa responsabilidade como concelleira, senón que tamén traballou en clave de provincia como membro do grupo de goberno na Deputación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: