Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Ourense afirma que non se pode impoñer aos ourensáns un proxecto de integración do AVE pactado sen consultar

Imprimir ppou - 17-Febreiro-2011 - 11:18:32 

O PP de Ourense apoia que a Xunta non firme o convenio para constituír a sociedade de integración do AVE xunto a Fomento e o Concello se estes impoñen o proxecto técnico que pactaron. Así o afirman o deputado Celso Delgado; o candidato á alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, e o edil José Luís Sousa. "O que non pode facer é asinar un protocolo imposto e non consensuado, por elo defendemos que se contrate un estudo coa participación de todas as administracións, un estudo que defina a permeabilidade, a mobilidade e que contemple o soterramento", explica Celso Delgado. Pola contra, o Concello de Ourense pretende impoñer unha actuación os asinantes do protocolo.
    

Pola súa banda, Rosendo Fernández afirma que a Xunta "nunca puxo impedimento para a sinatura do protocolo e que se leva dous anos pendente é porque Fomento non o expuxo antes. Fan as cousas sen consultar e de costas á cidadanía. Criticou tamén que, antes de que se firme, "o Concello xa lle poña deberes á Xunta". Neste sentido, a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas ratificou a postura dos representantes do PP en Ourense. Desde este departamento explican que o proxecto de integración foi elaborado por Fomento e Concello "pola súa conta", mantendo á marxe á institución autonómica. Por iso, alega agora que non se lles pida que o acepten sen nin sequera miralo.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: