Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Alberto Núñez e Manuel Baltar arrouparon aos candidatos do Partido Popular en Celanova e A Bola

Imprimir ppou - 26-Xaneiro-2019 - 16:38:16 


• Os presidentes galego e provincial do PP mantiveron un encontro con afiliados e veciños de ambos ous dous concellos, acompañados polos cabezas de lista, José Luis Ferro e Teresa Barge

26, xaneiro, 2019.
  
 
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, e o presidente provincial, Manuel Baltar, visitaron hoxe o Celanova e A Bola para apoiar coa súa presenza aos candidatos que encabezarán as listas do Partido Popular para as eleccións locais de maio, José Luis Ferro e Teresa Barge, respectivamente. Unha visita que, en palabras de Manuel Baltar, “permitiu visualizar que os dous candidatos, agrupados e unidos en torno ás siglas do PP,  teñen proxectos de futuro para os seus concellos”.

Feijoó e Baltar, acompañados polos candidatos, mantiveron nas sedes locais do partido en Celanova e A Bola senllos encontros coa militancia para intercambiar opinións e valoracións sobre o próximo proceso electoral, completando despois o programa cun percorrido polas rúas, onde tamén tiveron a oportunidade de falar e escoitar aos veciños.

Manuel Baltar destacou a presenza do presidente dos populares galegos, “o único presidente autonómico de España que conta con maioría absoluta, froito tamén dos apoios que recibiu en Celanova e A Bola, onde agora José Luis Ferro e Teresa Barge tamén farán un novo esforzo para revalidar as súas maiorías”. 

  
  
O presidente provincial sinalou que estas visitas serven para “falar aos veciños de futuro e de gobernos sólidos, como os que tiveron Celanova e A Bola nestes anos e como os que pretendemos seguir tendo a partir do 26 de maio, cando a xestión de José Ljuis Ferro e Teresa Barge sexa referendada de novo pola confianza dos vecinos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: