Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Pablo Pérez defende a “máxima transparencia” do grupo de goberno provincial e o “liderado da Deputación de Ourense neste ámbito”

Imprimir ppou - 21-Xaneiro-2019 - 13:13:05 


• O coordinador do grupo provincial popular afirma que as viaxes do presidente “están perfectamente detalladas no apartado de Transparencia da páxina web da Deputación, onde figuran, ademais, máis de 100 epígrafes de información instituciónal a disposición da cidadanía”.

Ourense, 21 de xaneiro de 2019.- O coordinador do grupo provincial do Partido Popular, Pablo Pérez, defende “a transparencia máxima” do grupo de goberno da Deputación de Ourense, destacando que esta institución provincial “é líder en transparencia no ámbito nacional”. Pérez afirma que entre a información sobre os cargos electos, a organización, o patrimonio da deputación e as normas institucionais, figura información detallada de aspecto económico e xurídico, así como das viaxes do presidente, especificando o lugar, a dieta correspondente, o cargo do representante institucional que realiza a viaxe e as observacións referidas a cada desprazamento, detallando o motivo da viaxe.

Desta maneira, explica Pablo Pérez, “as viaxes do presidente están perfectamente detalladas no apartado de Transparencia da páxina web da Deputación, onde figuran, ademais, máis de 100 epígrafes de información institucional a disposición da cidadanía, o que sitúa á Deputación de Ourense no cumio da transparencia dentro das administracións públicas en Galicia e en España, un traballo no que se ten significado o presidente Manuel Baltar, e que lle ten valido á institución provincial o recoñecemento pola súa labor a prol da innovación aplicada á transparencia e a permanente interactividade cos veciños da provincia de Ourense”.

“Facer demagoxia como pretende o grupo do PSOE na Deputación non fai máis que poñer en evidencia, unha vez máis, a falta de argumentos por parte da recentemente estreada voceira do grupo provincial socialista, nunha mostra máis da súa carencia de proxectos para a provincia de Ourense, limitacións que tenta agochar coa manobra típica dos políticos mediocres: sementando dúbidas sobre a xestión de quen goberna -porque así o quixeron os cidadáns-. Non debería esquecer a voceira do PSOE que á oposición -lugar no que os ourensáns a colocaron a ela e ao seu grupo-, tamén lle corresponde unha nobre labor que require de propostas, proxectos e iniciativas, algo que non existe no grupo socialista”, destaca Pablo Pérez.

“Nótase que saír cunha ocorrencia semanal por parte do grupo provincial do PSOE é a táctica que emprega para chamar a atención –expresa Pablo Pérez-, un reclamo barateiro que terá, moi pronto, a mesma resposta por parte da cidadanía que vén acadando elección tras elección: o fracaso socialista. Porque as veciñas e veciños de Ourense saben distinguir perfectamente o que é a xestión do “patadón dialéctico”, é fronte ás descualificacións o grupo provincial do PP sempre responde da mesma maneira: con firmeza, xestión, educación e compromiso a prol da provincia de Ourense”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: