Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Convención Nacional do Partido Popular. Manuel Baltar: “Coa confianza nun partido que ofrece certezas fronte a experimentos, o 27 de maio Ourense volverá a ser popular”

Imprimir ppou - 20-Xaneiro-2019 - 16:08:02 


• O presidente provincial afirmou que a convención serviu para presentar unha alternativa seria, rigorosa e de acreditada capacidade de xestión “fronte aos experimentos”.

20, xaneiro, 2019.

Rematada a Convención Nacional que o Partido Popular celebrou esta fin de semana en Madrid, o presidente provincial, Manuel Baltar, amosou o seu convencimento de que “coa confianza da xente nun partido que ofrece certezas alí onde goberna, fronte aos experimentos, o 27 de maio Ourense volverá a ser popular”.

Manuel Baltar, á fronte dunha ampla delegación ourensá composta por preto e medio cento de membros da formación, cualificou esta convención “como un momento de suma importancia para o PP, que demostrou ter toda a <maquinaria> perfectamente preparada para unhas eleccións esenciais na vida dos cidadáns, como as locais, pero tamén europeas e mesmo en moitos lugares de España autonómicas”.

O encontro de Madrid permitiu, dixo o presidente popular ourensán, facer un rearme ideolóxico e de alternativa seria e rigorosa “fronte ao momento actual que vive a política española”. De cara á próxima cita coas urnas, engadiu, “imos pedir o apoio para unha forza centrada, reformista e de proximidade coa sociedade, un partido que é quen de merecer a confianza da xente porque, ademais, ten unha acreditada xestión pública a todos os niveis”.

Non é momento de deixar ocos aos experimentos, subliñou Baltar, “senón de apostar pola continuidade dunha xestión que está a sentar as bases dun Ourense de futuro, dunha Galicia mellor e que sempre respostou á chamada dos españois para sacar ao país dos seus peores momentos”.

Para o presidente provincial, na convención popular tivemos ocasión de recordar que os somos unha forza política con 30 anos de historia “pero que en todo este tempo demostrou que sabe correr cos tempos, converténdose hoxe nun partido do século XXI que escoita á sociedade e traballa polas súas necesidades”.

“Estamos a presentar  candidatos, confeccionar listas, renovando equipos e poñendo a punto ideas e programas que teñen como exio as persoas, pero que tamén teñen que estar centrados nos territorios”, concluíu Baltar, facendo unha chamada a ilusión e o traballo “que demostraremos máis aló da campaña electoral”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: