Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel García toma o relevo en Vilar de Barrio para revalidar as maiorías absolutas do PP

Imprimir ppou - 19-Xaneiro-2019 - 10:58:01 


• Para o presidente provincial, Manuel Baltar, unha vez chegado o momento da renovación, con palabras de agradecemento ao actual rexedor, Julio Pérez Carballo, “a candidatura de Manuel García é unha moi boa noticia para o PP, pois ten un gran coñecementro da administración local, do concello, das súas necesidades e do seu potencial”.

17, xaneiro, 2019.

“Na vida das persoas chega un momento no que hai que dar un paso á fronte e axudar aos teus veciños”, afirma Manuel García Rodríguez (Sarreaus, 1957), que encabezará a lista do Partido Popular para as eleccións municipais de maio, tomando así o relevo do actual rexedor. Un xesto que agradeceu o presidente dos populares, Manuel Baltar, “demostrando a súa determinación por seguir a procurar a transformación do seu municipio”.

  
  
Despois de case que 40 anos como administrativo do Concello, García Rodríguez asegura que “me sinto en débeda cos meus veciños e por iso decidín aceptar este reto, para traballar polos meus e responder á confianza que me deu o presidente do partido, que tamén como presidente da Deputación é o máis cercano aos concellos”. 

Manuel García, que ten perfectamente claro que entre as prioridades de Vilar de Santos figuran a mellora e renovación dos servizos básicos, confía poder levar a cabo todos os proxectos “que xa teño en mente”, para o cal precisa os mellores resultados electorais posibles “como o fixo nestes 36 anos con maiorías absolutas o actual rexedor”.

O presidente provincial, Manuel Baltar, recolleu as palabras o candidato para “agradecer o traballo que en todo este tempo levou a cabo Julio Pérez Carballo, premiado elección tras elección co apoio maioritario dos vecinos de Vilar de Santos”.

Para o presidente provincial, unha vez chegado o momento da renovación, “a candidatura de Manuel García é unha moi boa noticia para o Partido Popular, pois reúne unha condición moi importante como é o seu coñecementro da administración local, do concello, das súas necesidades e do seu potencial”.

Baltar non dubida que o candidato terá a confianza dos veciños “porque representa perfectamente o que precisa un alcalde”, apuntando ademais que ven de dar un paso exemplar “cando non son os mellores tempos na política, pero si é o tempo dos valientes, dos que queren facer algo polos demais”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: